Monthly Archives: Abril 2016

Malandrómeda no concerto de clausura

Despois de cinco anos de silencio discográfico, o dúo de hip hop galego Malandrómeda volveu con dous LP´s simultáneos: Cada can que lamba o seu carallo e Os corenta oito nomes do inimigo. E estarán no concerto de clausura do CIP16, o sábado 7 á tardiña no Pazo da Cultura de Carballo, para presentalos.

Hevi […]

By |Abril 12th, 2016|NOVAS|0 Comments

Estrea exclusiva da nova temporada de Entertainment

No CIP 16 seguimos de estrea! A webserie en formato de falso documental Entertainment, presentará en exclusiva no Carballo Interplay a súa segunda temporada.

Os seus creadores, os vines David Sainz e Teresa Segura, presentarán a proxección dos novos e agardados capítulos desta webserie que conta a vida dos integrantes de Different Entertainment SL despois […]

By |Abril 12th, 2016|NOVAS|0 Comments

O código fonte audiovisual dos Zopilote

Os Zopilote son Xosé Castro, Andrés Mahía e Carlos Ares, os tres guionistas máis populares da ficción galega. Son os responsables de máis de trescentos guións, así como do deseño de máis dunha ducia de programas e series de televisión, entre as que destacan Mareas Vivas, Terra de Miranda, Pepe o Inglés, Air Galicia, O […]

By |Abril 12th, 2016|NOVAS|0 Comments

Miriam Hernanz presentará as novas narrativas de Lab RTVE.es

Outra experta en novas narrativas dixitais coa que contaremos no CIP16 é Miriam Hernánz, responsable do Laboratorio de innovación audiovisual de RTVE.es, o departamento da compañía de radio televisión pública adicado a experimentar coas ferramentas e linguaxes audiovisuais máis avanzadas, como o webdoc, o vídeo interactivo ou a visualización de datos.

Miriam Hernánz, xornalista que formou […]

By |Abril 12th, 2016|NOVAS|0 Comments

Masterclass sobre Narrativas dixitais de non ficción con Andrés Meixide

O CIP 2016 amosará as últimas tendencias no mundo das novas narrativas da man de Andreu Meixide, un dos principais expertos españois en non ficción web.
Meixide é un coñecido director e realizador de documentais (Soc Rambla ou Marquesa), webdocumentais (Parkcelona) e webseries (Bloc dels Pescadors), que ofrecerá no Festival unha masterclass sobre Narrativas […]

By |Abril 12th, 2016|NOVAS|0 Comments

Queres ser voluntario/a do Carballo Interplay?

Buscamos persoas responsables, con ganas de aprender, de pasalo ben e de vivir a experiencia do CIP2016 desde unha perspectiva diferente.

Ofrecémosche participar nas actividades do festival, convidarémoste á Gala de Entrega de Premios e adaptarémonos ás túas preferencias e á túa dispoñibilidade.

Se estás interesado ou interesada en formar parte do noso equipo de voluntarios, envíanos […]

By |Abril 7th, 2016|NOVAS|0 Comments

Hermanos Podcast en vivo

Noel Ceballos e El Hematocrítico ofrecerán no Carballo Interplay un episodio especial, en vivo e en directo, do seu popular Hermanos Podcast, un programa de radio por internet aperiódico (pero con vocación semanal) baseado na conversación libre e caótica dos dous autores, que gozan falando de temas relacionados coa cultura pop, “pero non todo o […]

By |Abril 5th, 2016|NOVAS|0 Comments

Masterclass de animación Flash, con Cálico Electrónico

E para os que ademais de ver queiran aprender, o creador de Cálico Electrónico, Niko de Nikotxán, ofrecerá unha masterclass de animación en tecnoloxía Flash. Cálico Electrónico é “o maior superhéroe de todos os tempos” e é, tamén, a serie de animación online de fala hispana máis relevante de internet con máis de 100 capítulos […]

By |Abril 5th, 2016|NOVAS|0 Comments

Estrea en Galicia da longametraxe Estirpe

A longametraxe Estirpe é a ópera prima do coruñés afincado en Madrid, Adrián Lopez, que pretende contar a historia dun cómic de culto que nunca existiu e financiou boa parte da súa produción cunha campaña de crowfunding. Interpretada, entre outros, por Sergio Peris-Mencheta, Silvia Alonso, Rubén Sanz, Javier Botet ou Rocío León, e con BSO […]

By |Abril 5th, 2016|NOVAS|0 Comments

Da Suisa, a nova loucura dos Venga Monjas

O público de Carballo poderá ver tamén en directo a última creación de Venga Monjas, a versión defectuosa dos Simpson: os Da Suisa. Despois de actuar en incontables cidades, o dúo formado por Xavi Daura e Esteban Navarro -que repiten no festival- chegan a Carballo cun show en directo cheo de suor e de proxeccións […]

By |Abril 5th, 2016|NOVAS|0 Comments