Venres 6 de maio. 20h. Pazo da Cultura.
Dos creadores de “Malviviendo”, David Sainz e Teresa Segura, padriños do Carballo Interplay, presentamos a segunda temporada de “Entertainment”, unha webserie en falso documental sobre a vida dos integrantes da produtora Diffferent Entertainment despois do éxito de “Malviviendo”. Estreada en 2015, “Entertainment” conta coa colaboración de algúns creadores galegos como Enrique Lojo, Fran Carballal ou Sonia Méndez, o que demostra que un festival de webseries non só pode servir para pasalo ben e ver cousas novas senón para provocar alianzas creativas entre o norte e o sur da Península.
Nesta ocasión a Teresa e David tráennos en exclusiva o primeiro capítulo da segunda temporada, mais dous webisodios de forte colaboración galega.
-
“Different”, episodio 2×01: Logo da emisión da súa última serie documental, un ano más tarde, os rapaces de Diffferent vólvense enfrontar á incertidume do que virá. Na festa da estrea do último capítulo atópanse cun inesperado espectador interesado en falar con eles: Enrique Paz, o productor novo español máis exitoso de todos os tempos. Mais non todos se alegran de velo.
Websodio Sonia Mendez: “La pandilla de los simpáticos”
Websodio Fran Carballal: “La señora de Cuenca”