O Festival de Contidos Dixitais CARBALLO INTERPLAY convoca nesta III Edición o premio á PROXECTO DE WEBSERIE EN GALEGO.

O premio ten unha dotación económica de 1.500 euros e deberá destinarse exclusivamente á produción de a lo menos 3 capítulos do proxecto da webserie premiada.

Poderán presentarse proxectos  ata o 11 de Abril de 2016.

DOCUMENTACIÓN REQUERIDA
Os/as solicitantes deberán enviar ao correo direccion@carballointerplay.com e indicando no asunto do mail “Proxecto de webserie en Galego” a seguinte documentación nun arquivo .pdf.

– Historial profesional do/da solicitante ou productora.
– Sinopse do proxecto (máximo 1 páxina).
– Memoria explicativa do proxecto (máximo 5 páxinas).
– Guión definitivo do primeiro capítulo.
– Calendario da produción.
– Currículo do equipo técnico e artístico.
– Plan de comunicación e presenza en RRSS.
– Link a teaser visual da webserie.
– Calquera outra documentación que o solicitante ache pertinente para a mellor defensa do proxecto.

PICHING DE PROXECTOS FINALISTAS
Entre todos os proxectos recibidos o comité de selección do festival escollerá un máximo de 5 proxectos.
Os proxectos finalistas terán que defender o seu proxecto facendo un piching ante os membros do xurado específico. O piching será aberto ao público e terá lugar o xoves 5 de Maio no Auditorio da Casa de Cultura do Concello de Carballo.

XURADO ESPECÍFICO
O xurado específico estará composto por profesionais do mundo das webseries e producción online, do audiovisual e da cultura, un representante do Concello de Carballo e un representante do equipo directivo do festival. O xurado espefício publicarase na páxina web do festival.
Valorarase a creatividade e orixinalidade da proposta, así como a súa viabilidade de cara á produción.

O proxecto de webserie premiada farase público o día da gala de entrega de premios do festival que terá lugar o sábado 7 de Maio no Auditorio do Casa de Cultura do Concello de Carballo. A lo menos un dos representantes de cada proxecto finalista deberán estar presentes en dita gala.

OBRIGAS DO/DA BENEFICIARIO/A
A lo menos 3 capítulos da webserie resultante deberán estar finalizados para ser presentados na IV Edición do Festival.
O/a beneficiaria poderá exhibir a webserie con anterioridade nos seus canles propios.
O resultado da webserie premiada deberá axustarse ao proxecto presentado.
A webserie debe estar rodada en VO Galego.
Nos títulos de crédito iniciais da produción deberá figurar en cartón único: «Co apoio de CARBALLO INTERPLAY e CONCELLO DE CARBALLO”.

PROXECTOS FINALISTAS

Dowson e Pillei de Victor Grande.
A Espiral de Fibonacci de Alejandra Piot, Paula Andrade e Iria Rodríguez.
Lucas de Oscar Pardo.
Peter Brandon de Porco Bravú.

As finalistas da convocatoria para o Premio a proxecto de webserie en galego defenderán os seus proxectos diante dun xurado composto por Xosé Regueira (Concello de Carballo), Nel Vidal (CTNL), Sonia Méndez (Carballo Interplay), Teresa Segura (Different Entertainment, productora de webseries como Malviviendo).