A longametraxe Estirpe é a ópera prima do coruñés afincado en Madrid, Adrián Lopez, que pretende contar a historia dun cómic de culto que nunca existiu e financiou boa parte da súa produción cunha campaña de crowfunding. Interpretada, entre outros, por Sergio Peris-Mencheta, Silvia Alonso, Rubén Sanz, Javier Botet ou Rocío León, e con BSO de Xoel López, Estirpe é unha curiosa historia de superheroes, nazis e militares da España franquista que ten tres niveis de narración entrecruzados: flashbacks, documental e metacinema. O Carballo Interplay será o escenario para a presentación da obra ante o público galego, poucos días despois do seu paso polo Festival de Málaga.