Sábado 7 de maio. 12h. Salón de actos do Fórum.
O trío de guionistas máis popular da ficción galega, repasa aquelas películas, series e outros artefactos audiovisuais que constituyen sus referentes, cando non fontes das que copiar directamente tramas, secuencias ou personaxes nos seus guións. Un percorrido pola ficción internacional de todos os tempos e como se pode adaptar á realidade galega adaptando códigos e, por veces, ata mellorando os orixinais.
Zopilote Produccións foi fundada en 1997 por Xosé Castro, Andrés Mahía e Carlos Ares. Desde entón este equipo é responsable de máis de trescentos guións así como do deseño de máis dunha ducia de series e programas de televisión, entre as que destacan as series Mareas Vivas xunto con Antón Reixa e Miguel Murado; Terra de Miranda, Pepe o Inglés e a serie de Televisión valenciana En el Aire; en canto a programas son creadores de O Rei da Comedia e dunha parte do programa Zapping Comando. Escribiron guións para as anteriores series e para outras como A Familia Pita, Pequeno Hotel, Fíos, As Leis de Celavella, Libro de Familia e a serie de animación Goomer.
Crearon, escribiron, dirixiron e coproduciron a serie Air Galicia (Premio Mestre Mateo á Mellor Serie no 2007, O Nordés (2009) e desde 2010,Era Visto! (Premio á Mellor Serie nos Mestre Mateo nos anos 2013 e 2014), unha das ficcións de meirande éxito da TVG nos últimos tres anos.