Despois de cinco anos de silencio discográfico, o dúo de hip hop galego Malandrómeda volveu con dous LP´s simultáneos: Cada can que lamba o seu carallo e Os corenta oito nomes do inimigo. E estarán no concerto de clausura do CIP16, o sábado 7 á tardiña no Pazo da Cultura de Carballo, para presentalos.
Hevi e O Master do Son, o dous rapeiros composteláns, seguen demostrando nos seus novos traballos a variedade do hip hop, fusionando rap old school con outros ritmos máis vangardistas e empregando o galego como sinal de identidade para unhas letras cargadas de poesía e humor.
E xunto a eles, no escenario do Pazo da Cultura de Carballo, o estilo ecléctico e variado de DJ Teresa da Praia, que pretende poñer todo o público a bailar. Esta Dj comezou a súa andadura en Río de Janeiro e voltou logo a Coruña, a súa cidade natal, onde desenvolve unha intensa actividade musical e é asidua clubs, bares e festivais, como o de Sereas e piratas da Praia de Razo.
Comentarios recentes