Carlota Núñez (@duulcedeleche)

duulcedeleche2

Carlota Núñez é unha das Youtubers galegas máis seguidas, con casi 70.000 suscritores no seu canal “Duulcedeleche” e máis de 40.000 followers en Instagram. Coruñesa de 22 anos e estudante de produción audiovisual, leva desde 2012 publicando vídeos sobre o seu día a día, que narra no seu videoblog, e as súas paixóns, especialmente a moda, a maquillaxe e o estilismo. Algunhas marcas de roupa apostan por ela como influencer para dar a coñecer produtos entre as súas seguidoras.

Noel Ceballos (@NoelBurgundy)

noelceballos2

Xornalista especializado en cultura popular. Actualmente traballa como redactor na revista GQ. No pasado ten colaborado en medios como Fotogramas, Calle 13, SModa ou Superjuegos, ademais de nas produtoras de televisión Boca Boca e Hill Valley. Publicou un ensaio, “Internet Safari” (Blackie Books), e unha novela, “La Escuela Nocturna” (Memento Mori).

Miriam Hernanz (@miriamhernanz)

miriamhernanz

Xornalista. Formou parte do equipo fundacional de RTVE.es no 2008, onde traballou informando sobre noticias de última hora coordinando o equipo de Nacional durante 2 anos. No 2011 intégrase no Lab de RTVE.es, un novo departamento que pretendía desenvolver novas narrativas audiovisuais. Dende aquela tense especializado na creación de webdocs e reportaxes interactivas, entre as que destacan “JFK Sombras de un magnicidio”, “Estafeta 1”, “Fracking, fiebre del gas” ou ‘Montelab”. En maio de 2015 toma a dirección do Lab e aposta polas narrativas máis vangardistas, como os primeiros proxectos de VR de RTVE ou a primeira curta de ficción interactiva.

Niko Gómez (@Nikotxan)

niko1

Creador de “Cálico electrónico”, a webserie de animación máis relevante dos últimos 10 anos con máis de 200 millóns de visionados desde 2004. Niko tamén é o creador doutras series como “Los Telepis”, “El Sabías lo qué?” ou “La Trinchera de Flinskin”. Actualmente dirixe Nikotxán, empresa fundada por el mesmo en 2011 e recientemente foi director creativo do apartado web de Anima Estudios, a produtora de animación máis importante de toda América Latina, coa que coproduciu “SúperÉpic” y e produce “Mad Dinner”, webseries que verán a luz o vindeiro mes de maio en Átomo Network.

Araceli Gonda (@araceligonda)

Xurado AGAG – Asociación Galega de Guionistas.

aragonda

Traballou máis de dez anos na redacción de deportes da TVG, ata que en 2010 decidiu comprobar se era quen de sobrevivir como guionista. Escribiu en series para TVG como “Luci” (da que é co-creadora), “Padre Casares”, “Cuarto sen ascensor”, “A vida por diante”, “Terra de Miranda”, “Pazo de Familia” ou “Urxencia Cero”. Tamén participou na serie para Telecinco “Piratas”. En cine colaborou no guión de “18 comidas”, de Jorge Coira, que recibiu sete premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, incluído mellor guión. Probou como guionista de programas de entretemento (“Tourilandia”), como escritora de teatro para nenos e non tan nenos (“Flis-fli-ris-flás”, “A rebelión do monicreque”, “Curriculum Vitae”, “Amor Flexible”) e como autora de libros infantís (“Flis-fli-ris-flás”, “Area fai seis”, “Os amigos de Santi”).

Jorge Coira (@jorgecoira)

Xurado CREA – Asociación de Directores e Realizadores de Galicia.

jorgecoira

Director, guionista e montador de cine e TV. Autodidacta, despois de realizar varias curtametraxes no anos 90 e a tv-movie “Entre bateas” en 2002, en 2004 estreou a súa primeira longametraxe: “O año da carracha”. O seu seguinte filme, “18 comidas” (2010), recibiu numerosos premios, foi seleccionado en máis de 30 festivais e estreouse en salas en máis de 10 países de todo o mundo. En televisión, ademais de publicidade e videoclips, centrou o seu traballo na dirección de series, tanto en TVG con “Terra de Mirada”, “As leis de Celavella”, “Padre Casares” ou “Luci” como no ámbito nacional con “El comisario”, “RIS” ou “Pelotas”. Tamén asinou os documentais “Torre de Breoghán”, “¿Qué culpa tiene el tomate?” ou “Días de reparto”, ademais de traballos televisivos como “Chunda Chunda”. En 2016 gañou o Goya á mejor montaxe pola película “O descoñecido”, de Dani de la Torre.