O público de Carballo poderá ver tamén en directo a última creación de Venga Monjas, a versión defectuosa dos Simpson: os Da Suisa. Despois de actuar en incontables cidades, o dúo formado por Xavi Daura e Esteban Navarro -que repiten no festival- chegan a Carballo cun show en directo cheo de suor e de proxeccións salvaxes de parodias dos capítulos dos Simpson feitas de memoria no que definen como “o festival de webseries máis guasón do panorama”.