Sábado 7 de maio. 23:00h. Sala Dublín.
Fin de festa musical con concertazo e baile ata altas horas.
Despois de cinco anos de silencio discográfico, volve o Hevi (Fluzo, DJ Bigote Mix) e compañía por partida dobre, con dous LPs que sairon simultaneamente o pasado febreiro, editados por Matapadre. Hip-hop, funk, cumbia, electrónica e a máis fresca enxebreza para botar unhas bailas e cadelear, ou como se diga.
Teresa da Praia bautizouse como tal na cidade de Rio de Janeiro, onde comezou a súa andaina como DJ. Máis tarde trasládase á súa Coruña natal e alí desenvolve unha intensa actividade musical. É asidua en varios clubes e bares da cidade e participa nalgúns festivais da zona como o Sereas e Piratas na praia de Razo. O seu estilo é ecléctico e variado para que a xente disfrute e non pare de bailar.