cartel_A3.Formacip copiaO Concello de Carballo volta ofertar a través do festival Carballo Interplay un ciclo de formación composto por diversos obradoiros impartidos por recoñecidos profesionais do audiovisual e novas tecnoloxías. Nesta ocasión a oferta amplíase tamén a nenos e nenas.

Os obradoiros para adultos e estudantes terán lugar nas instalacións do Forum de Carballo. O prazo de inscrición está aberto. Para algúns dos obradoiros requerirase currículum, bio ou motivacións.

Os obradoiros para nenos e nenas son gratuitos. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición dando prioridade aos nenos e nenas residentes en Carballo. 

Calquera dúbida podedes contactar no correo formacion@carballointerplay.com.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN