Venres 6 de maio. 22:30h. Pazo da Cultura. 

Os Da Suisa chegan a Galicia!

Da Suisa

A familia máis noxenta de internet está de novo en movemento, e esta vez enzóufanse na lama galega. Despois de actuar en incontables cidade agora tócalle a Carballo: cun show en directo cheo de suor e proxeccións salvaxes de capítulos míticos, a versión defectuosa dos Simpson e creación de Venga Monjas. O dúo formado por Xavi Daura e Esteban Navarro, que repiten no festival, agárdante de novo no seu festival de webseries favorito e convídante a subires con eles ao tren da corrupción.