Venres 6 de maio, 13h. Salón de actos do Fórum.

logolab

O Laboratorio de Innovación Audiovisual de RTVE.es está formado por un equipo de xornalistas, realizadores, deseñadores e programadores dedícanse a experimentar coa narrativa dixital para contarnos a realidade dende outra perspectiva utilizando as ferramentas e linguaxes máis avanzadas, como o webdoc, o vídeo interactivo ou a visualización de datos. Nesta presentación coñeceremos un pouco máis sobre o Lab de RTVE.es da man da súa responsable, Miriam Hernanz.

Super Miriam

Miriam Hernanz é xornalista. Formou parte do equipo fundacional de RTVE.es no 2008, onde traballou informando sobre noticias de última hora coordinando o equipo de Nacional durante 2 anos. No 2011 intégrase no Lab de RTVE.es, un novo departamento que pretendía desenvolver novas narrativas audiovisuais. Dende aquela tense especializado na creación de webdocs e reportaxes interactivas, entre as que destacan “JFK Sombras de un magnicidio”, “Estafeta 1”, “Fracking, fiebre del gas” ou ‘Montelab”. En maio de 2015 toma a dirección do Lab e aposta polas narrativas máis vangardistas, como os primeiros proxectos de VR de RTVE ou a primeira curta de ficción interactiva.