Sábado 7 de maio. 20h. Pazo da Cultura. 

Para asistir envía un correo a info@carballointerplay.com indicando o número de asistentes. A entrada é de balde.

Iolanda Muiños

Na gala de clausura do Carballo Interplay 2016 coñeceremos a Iolanda, unha muller á que sempre lle gustou ir cos tempos. Xa nos oitenta decatouse de que algo non ía ben, algo faltaba, do interesante que sería poder acceder á información dun xeito rápido e instantáneo e rematar así coas desastrosas citas con tíos dos que non sabes nada e as interminables absurdas discusións xogando ó trivial. Por iso a chegada de internet foi para ela coma un arcanxo anunciándolle a chegada dun novo mesías e abríndolle un mundo de posibilidades infinitas para mellorar o seu día a día. Obsesionada con sufrir unha obsolescencia programada, non dubida en mostrarnos as súas artimañas para estar sempre ó día e vivir intensamente a experiencia da Rede.

Seguiremos a Iolanda no seu periplo dende os oitenta ata un futuro non moi lonxano porque todos sabemos cómo comezou pero non ata onde nos levará a… Internet!

E polo medio, se tal, entregamos os premios.

Interpretada por Iolanda Muiños.

Traballo de mapping e edición de videos para a gala a cargo de Jorge Garcia.

Vestuario de Vainilla & Chocolate.

Guion e dirección de Sandra Lesta.