Buscamos persoas responsables, con ganas de aprender, de pasalo ben e de vivir a experiencia do CIP2016 desde unha perspectiva diferente.

Ofrecémosche participar nas actividades do festival, convidarémoste á Gala de Entrega de Premios e adaptarémonos ás túas preferencias e á túa dispoñibilidade.

Se estás interesado ou interesada en formar parte do noso equipo de voluntarios, envíanos un correo a info@carballointerplay.com indicando o teu nome, idade, dispoñibilidade e motivacións antes do 22 de abril.

Agardámoste!