soniaSonia Méndez Dirección

Antes da austeridade imposta, da movilidade e do discurso oficial do “busca a vida”, toda unha xeración de creativos galegos xa estaba aplicando todas estas estratexias de guerrilla por conta propia. Sonia Méndez é o exemplo perfecto e membro representativo desa xeración: o mesmo actúa en películas (“Rafael” de Xavier Bermúdez, “Unha muller invisible” de Gerardo Herrero ou “O sexo dos dos anxos” de Xavier Villaverde) que en series de televisión (“Terra de Miranda” e “Os Atlánticos” na TVG, “Cuéntame” en TVE), que dirixe as súas propias curtametraxes (varias delas premiados e seleccionadas para infinidade de festivais), coproduce a súa propia serie web, “Angélica y Roberta”, coordina o festival de webseries Carballo Interplay, ou xestiona o aspecto audiovisual de diversos colectivos e eventos como a Casa Tomada da Coruña ou o WOS INC de Santiago de Compostela.

Formada en diversas escolas de interpretación, guión, dirección de actores, construcción dramática e realización, e pulida na loita diaria da xente creativa, poucas cousas hai no ámbito audiovisual que Sonia no poida levar a cabo. Caracterízase polo seu don da ubicuidade e a súa capacidade de traballo, mais tamén pola súa capacidade de rir e pasalo ben.

anaAna Dixital Produción

Catalizadora de enerxías e de recursos. Canto máis complicado se torna algo de resolver, máis doado é ver a Ana atando cabos, unindo sinerxias e deixando todo atado e ben atado. Malia que se gañou, por merecemento propio, o alcume de dixital, Ana está especializada no eido da produción… a base de traballalo: así o atestigua o seu paso por festivales como o Wos Inc, Womex, Reperkusión, S8, Sanfroidance,OUFF, Festival Galego de Cabaré e, como non, o Carballo Interplay, eventos de todo tipo Culturgal, Premios María Casares e empresas do ramo Festikultores, Froq Eventos, Lua Films. Un traballo, o de entre bambalinas, no que Ana se move coma na casa. Activa, proactiva, apasionada da música, amante dos terceiros tempos (hai momento para todo) e, sobre todo, dixital*… se algunha vez andas metido nalgún problema, só tes que empregar o comodín: onde vai Ana Dixital? De onde lle vén o alcume de Dixital a Ana Dixital? Nunha enquisa nada científica realizada nunha ducia de festivais, un 40% asegurou que pensaba que se apelidaba así; un 30% dixo cousas que nada tiñan que ver co caso, e o resto optaron polo ns/nc. O certo é que o 99% se alegraron de oir falar dela.

mariaperfilMaría Yáñez Actividades

María é xornalista, investigadora e produtora de contidos dixitais. Leva traballando 15 anos en cine, televisión e internet, sobre todo explorando as interseccións entre estes medios. É especialista en narrativas interactivas e transmedia, en contido web e en distribución e promoción audiovisual en internet. É socia e co­fundadora de A Navalla Suíza, empresa de comunicación dixital e co­editora de EMBED.at, publicación en torno ao audiovisual integrado e a cultura aberta. Traballa de xeito independente como profesora de novas narrativas dixitais e documental interactivo, e tamén deseñando e executando estratexias de contidos dixitais e comunicación online para distintos proxectos relacionados co audiovisual. Os que lle ocupan o tempo esta temporada son: a distribución e promoción da película Encallados, a coordinación de actividades e redes do festival de contidos dixitais Carballo Interplay, a posta en marcha da plataforma Screenly, para a distribución de películas en salas baixo demanda, e a coordinación do arquivo audiovisual Doc Next Network, un proxecto da European Cultural Foundation para a impulsar a creación de discursos audiovisuais entre mozas  e mozos de toda Europa. É seareira do CD Lugo e do Dépor. Ten unha cadela. Non cociña mal.

sandraSandra Lesta Gala e webseries

Comeza no mundo da interpretación na escola Espazo Aberto de Santiago. Ó seu remate, entra na Compañía de Teatro “Malasombra” onde traballará como actriz principal dous anos, compaxinándoo có seu papel de e Directora  e Profesora de Teatro da Escola Municipal de Teatro de Negreira, traballo que exerce actualmente. Ademáis é autora de diversas obras teatrais gañadoras de diferentes premios en infantil e xuvenil dentro do Certamen Provincial da Coruña e que están en proxecto de edición. Creadora, guionista e actriz da web serie “ Angélica y Roberta” gañadora do premio Mestre Mateo 2013 como mellor serie web e coordinadora de actividades do Carballo Interplay 2014.


soniadiazSonia Díaz
Comunicación

Licenciada en Xornalismo, Sonia dedicou os primeiros anos da súa carreira profesional a matizar a súa formación con viaxes e estudos diversos. Cursou unha diplomatura en Estudos Culturais no Reino Unido, un doutoramento en Comunicación Audiovisual en Barcelona, un máster en Xestión Cultural en Chile e é asesora ICEX en Internacionalización Empresarial. En 2008, estableceu o seu campamento basee no rural galego e desde aquí traballa en numerosos proxectos culturais como coordinadora de comunicación e creadora de contidos. Deseñou e executou as estratexias de comunicación de varios festivais, mercados e feiras de distintas disciplinas. Traballa de forma independente como profesora de comunicación cultural. E coordina a comunicación de diversos proxectos de todas as disciplinas e tamaños, como a editoriais Galaxia e Mar Maior, o Festival de Cans, o Festival Reperkusión, o Festival Sorrías Baixas, o Festival Agrogay dá Ulloa, Carballo Interplay, a Escolma de Cinema Galego en Sarria e algúns das montaxes teatrais de Eme2, Inversa, Culturactiva e Vos sete magníficos. Aínda que está bastante centrada na comunicación estratéxica, tamén colabora esporadicamente como guionista audiovisual e como responsable de contidos de proxectos literarios, fotográficos ou expositivos. Antes tiña un blogue.

tamaraTamara de la Fuente RRSS

Tamara é fotógrafa, astronauta e axitadora cultural. Hai 5 años que volveu a Galicia porque disque estrañaba o lacón con grelos e o licor café (sobre todo isto último). Combina o seu traballo como fotógrafa con tarefas de comunicación e xestión cultural. Os mellores festivais de Galicia (WOS INC, Play doc, Curtocircuíto, Carballo Interplay) queren contar sempre con ela. A súa frase preferida é: sempre a tope!

david mDavid Méndez Alonso Deseño gráfico

David é un artista visual que crea exuberantes imaxinarios dispostos sobre diferentes soportes. Os seus vibrantes patterns e esculturas acedas abarcan todas as luminosidades das paletas de cores. Está constantemente ocupado traballando en proxectos que inclúen a moda, a elaboración de libros ou la creación de pinturas gouache de gran formato co seu xa coñecido imaxinario pop. Os referentes de David son, entre outros, Matisse, Morrissey, Jodorowsky e a cor amarela. Obra del son os trofeos e diplomas do Carballo Interplay de edicións anteriores.

miriamMiriam Rodríguez Axudante de produción e traducións

Miriam naceu, creceu e aínda non se reproduciu na Coruña. Estudou Producción e Xestión audiovisual e iso levouna a traballar para diversas produtoras de Galicia. Os seus proxectos favoritos ata o de agora foron dous festivales de cine: Curtocircuíto e Amal. O máis exótico a día de hoxe foi a produción da longametraxe “Una noche en La Habana”. Marchou a Londres estudar por un ano e acabou quedando catro. Actualmente é editora da revista Brit Es Magazine. Gústalle o cine, ler e viaxar sexa cal sexa o destino.


roberto conde
Roberto Conde Axudante de produción e runner

Profesional multidisciplinar no eido da comunicación. Formado coma guionista e realizador audiovisual, desenvolveu a súa carreira entre Galicia, Barcelona e Colonia (Alemaña) involucrándose en todo proxecto audiovisual que se puxese por diante coma produtor, editor de vídeo, guionista ou director.

No último ano colaborou con distintos festivais de cine en Andorra e Cataluña e xestionou a comunicación de Catalunya Film Festivals. De volta na terra, iniciou o proxecto “Aborixe – Comunicación pola transformación social” nun intento por crear novos discursos, alterar códigos e desviar a atención colectiva cara iniciativas cun marcado carácter social ou cultural.


fotopixi

Fran Arnoso “Pixi”  Proxeccións e control de copias

Titulado en fotografía no Mestre Mateo. A súa carreira profesional toca todos os ámbitos relacionados co mundo da fotografía e do audiovisual.
A súa curiosidade constante lévalle a realizar varios cursos na súa estancia en Londres relacionados coa foto e o vídeo.
Autodidacta de vocación, non ve a luz sen un manual de uso nas súas mans. Traballa nos equipos de produción de longametraxes como Mar Dentro, A Promesa, A Vida Que Che Espera, Trece Badaladas e en producións estranxeiras como Unha Noite,BruderIII ou One day in Europe.  É director de fotografía e cámara do documental Nacional VI de Pela del Álamo así como de diversas curtametraxes e anuncios publicitarios.

Desde o ano 2005 traballa no Festival Internacional de cinema Curtocircuito (Compostela) en produción, programación e xefe técnico.

david tDavid Tombilla Fotografía

Estoutro David, o fotógrafo, é técnico superior de imaxe e comunicador audiovisual. Socio activo do Liceo Mutante de Pontevedra, ten fotografado a baa parte do underground galego e español, e festivais como o Primavera Sound, o Resurrection Fest ou o WOS INC. Colabora con revistas de todo tipo e edita o seu propio fanzine, “Mutant Mind”. Gústalle comer pizza e mais a serie B.

silvaManuel Silva Cobertura de vídeo

Manuel é un artista multidisciplinar, titulado en Escultura, Ilustración e Deseño Gráfico nas EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela) e na EASD Pablo Picasso. Tamén realizou estudos audiovisuais na ECIB de Barcelona. En constante evolución profesional, compaxina todas esas actividades sen deixar de participar en diferentes intervencións e exposicións no ámbito artístico. Comezou dedicándose profesionalmente a ensinanza e ao deseño gráfico, nos últimos anos especializouse no audiovisual participando en pezas de animación como “Leo” e “O Apóstolo” e a filmación e dirección de documentais como “Ejes” ou “FAC” (en proceso de montaxe), ademais de crear un selo audiovisual propio, “Edición Rusa”, dedicado a dar cobertura a contidos artísticos e culturais. Traballou de editor para programas de televisión para a Voz TV e fixo a realización audiovisual de distintas emisións para TVG. Tamén fai deseño e maquetación web para distintos organismos institucionais.


victorVictor González Guillán
 Deseño Web

Arquitecto software en Matrix a tempo completo; monxe budista cando decide tomar a medicación e escolle a pastilla vermella; e só ás veces, non se sabe se debido á axitación provocada tras un concerto de Ben Frost ou pola espera case eterna da súa cita anual con Nils: colabora, elabora e batalla en todo fronte que apareza e lle atrape.