Venres 6 de maio, 10:30h. Salón de actos do Fórum
Mesa redonda con Carlota Núñez aka Dulce de Leche (Youtuber), Diego Novelle aka Tworumbel (Youtuber, prankster) e Rubén Lino (Viner). Modera Sandra Lesta.
Carlota Núñez é unha das Youtubers galegas máis seguidas, con máis de 68.000 suscritores no seu canal Duulcedeleche e 42.000 followers en Instagram. Coruñesa de 22 anos e estudante de produción audiovisual, leva desde 2012 publicando vídeos sobre o seu día a día, que narra no seu videoblog, e as súas paixóns, especialmente a moda e o estilismo. Algunhas marcas de roupa apostan por ela como influencer para dar a coñecer produtos entre as súas seguidoras.
Diego Novelle é Tworumbel, outro Youtuber coruñés con máis de 12.000 suscritores. O seu canal baséase no humor, en facer distintos tipos de bromas, cámaras ocultas ou entrevistas pola rúa. Con el coñeceremos o xénero youtuber dos pranksters (canais dedicados ás bromas) e cal é o tipo de humor que atrae a adolescentes e universitarios hoxe en día.
Rubén Lino é membro do grupo Poetarras, gañador do premio á mellor webserie en galego no I Carballo Interplay en 2014. Músico e cómico, a súa especialidade é facer humor en Vine, unha rede social móbil baseada en vídeos de non máis de 6 segundos. É dos poucos viners que publica vídeos baixo o hashtag #VineGalego