XOVES 5
NACIONAL1 16:00h | |
---|---|
WAYTRIPPERS Dirección: Raul Prió e Juli Sáenz Dous amigos únense para visitar países (1a Temporada Filipinas, 2a Temporada Taiwan) dun xeito bastante peculiar. A través de retos e desafíos cruzarán o país visitado da maneira máis aventureira posible, coñecerán ás súas xentes, a súa comida e as súas tradicións. |
|
CRISIS CARTOONS Dirección e guión: Javier Baldó “Crisis Cartoons” é unha serie de animación que, a través dos seus sketches e episodios autoconclusivos, mostra unha visión satírica da sociedade actual mentres experimenta con diferentes estilos visuais. |
|
LA SUPERCAFETERA Dirección e guión: Carlos P. Brioso e Jacobo Saro Tres rapaces comparten unha cafeteira moi especial. No canto de café xera unhas chapas que lles dan superpoderes. Teñen como meta salvar ao mundo, pero, ás veces, saelles o tiro pola culata. |
|
DOS MAS DOS CINCO Dirección e guión:Isabel Coll Tres amigas viven xuntas. Unha delas, Cristina, é lesbiana. A chegada dunha cuarta inquilina trastornaralle a vida. |
|
BETO Dirección e guión: Sergio Tellols Beto non ten traballo nen parella, e a súa vida social é limitada. Se algunha vez tivo amigos, hai tempo que asentaron as súas vidas, a excepción de Iris, a única amiga que o atura e coa que non dubidaría ter unha aventura, pero, ainda por riba, é lesbiana. |
GALIZA_VO 17:30h | |
---|---|
VECIÑOS Dirección e guión: Iván Capón. Alberte, o fillo da Ermitas, volve á aldea dos seus avós despois de estudar filoloxía galega en Santiago. Pero alí as cousas non están como él tiña pensado. |
|
CHOLA&LOLA Dirección e guión: Laura Villaverde. Chola&Lola é unha webserie en formato videoblog, lanzado en pequenos episodios semanais. A súa protagonista é Chola, unha activa muller de aldea que comparte, a través de conversas coa súa amiga Lola, moitos consellos orixinais para @s seus suscriptor@s, ademáis de amosar un peculiar punto de vista sobre a vida, a ecoloxía, a cultura ou a beleza. |
|
GAFAS E PALLASO Dirección: Perico Balado. Guión: Perico Balado, Duarte Galbán, Alexandre Pita, Román Castaño, Denis García, Xan Ranha (“Chuquinho”). Gafas é un músico traumático que trata de acadar a fama acorde a acorde mentres que Pallaso é un alieníxena que chegou ao noso planeta coa esperanza de atopar unha vida mellor. Todo ten cabida no universo de Gafas e Pallaso, onde os protagonistas vivirán unha serie de rocambolescas aventuras que inclúen invasións extraterrestres, viaxes no tempo ou a aparición de extranas criaturas. |
|
PIB Dirección: Mighele de Currás. Guión:Os Ghairas. Coma un cubata de Pisiclín con Bitter Kas, PIB mestura en (sobre) doses exactas costumismo psicodélico con surrealismo cotián. O Richi e o Maxi son os guías desta particular selva do Interior, onde as Bestas-burras máis grandes son eles. Pero neste hábitat lisérxico non sempre se cumpre a lei da selva. A Brutalidade e os seus Productos derivados son os principais activos nesta viaxe aos confíns do absurdo. A empanada está servida. |
|
POETARRAS Dirección: Daniel Vilaverde, Manuel Gago, Rubén Lino e Pablo Lamosa. Guión: Daniel Vilaverde, Manuel Gago e Rubén Lino. Poetarras é un colectivo arterrorístico que a través de sketches busca ofender a alguén nalgún lugar por algún motivo… ou non. No fondo son moi riquiños e non buscan pelexa… pero se hai que dar un par de hostias, danse. |
|
DALLE JAS! Dirección: Tegüi Sagüillo. Guión: Marta Lado, David F Vega. Cinco persoas descoñecidas e moi diferentes xuntanse por medio de una páxina web para compartir un coche nunha viaxe. Unha viaxe que os llevará non so a coñecerse se non tamen a coñecer novas formas de ver o mundo e novas realidades. |
|
TEÑO UNHA HORTA EN SAN SADURNIÑO “Teño unha horta en San Sadurniño” é un proxecto web para difundir e compartir os coñecementos e a experiencia das mulleres maiores en relación cos traballos do campo. Con móbiles ou cámaras fílmanse as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais. Ao mesmo tempo, ao contar coa colaboración e asistencia na gravación de persoas novas, supón un intercambio interxeracional entre os coñecementos en novas tecnoloxías e nos traballos tradicionáis do campo. |
VENRES 6
NACIONAL2 16:00h | |
---|---|
PEDRO REYES FOR PRESIDENT Dirección: Luís E. Pérez Guión: Luís E. Pérez, Pedro Reyes, Alfredo Pérez de Albéniz, Pilar Paredes Outono de 2012: en plena era dos “Recortes Rajoy”. O humorista Pedro Reyes preséntase a unhas eleccións anticipadas e ¡gaña! Comeza o primeiro día de Pedro Reyes á fronte do Goberno da nación. Cúmplese o soño dun home común: dirixir o país coa maior transparencia da historia política de España. Non quere lobbys nen loobas. O novo presidente amósalle ao pobo todo o que fai o seu líder no primeiro reality político do mundo. É unha utopía, pero teno moi claro: quere honestidade brutal. |
|
BLACK STUFF Dirección e guión: JJ Torres & Miguel El Mueso Black Stuff é un thriller pseudofuturista que expón tres perspectivas da mesma historia. Un cargamento de cocaína extravíase en circunstancias sospeitosas e a organización criminal dos Negros esixe aclarar as causas do suceso. |
|
NIÑO RATÓN Dirección e guión: Héctor Toro. Niño Ratón conta as NON-Aventuras dun neno rata de internet que vive sentado no seu sofá, facendo a vida imposible aos seus Youtubers “favoritos” mientres xoga a videoxogos ou twittea porcalladas co seu móbil. |
|
EL MÉTODO SUECO Dirección: Jorge Boquete. Guión: Oscar Cruz. Un experimento de comedia colaborativo no que dous irmáns se somenten ao enxeño e perversión dos guionistas líderes do audiovisual para internet. |
|
RUBIA EN APUROS Dirección e guión: Cristina G. Abril. Webserie de episodios moi breves, que teñen como fío conductor á súa personaxe protagonista: unha rapaza loira e un chisco torpe que se enfronta a situacións absurdas e, en ocasións, surreais. |
|
LES COSES GRANS Dirección e guión: Roger Coma. Canudas tenta cambiar o seu comportamento cunha terapeuta con métidos particulares e un amigo con tendencia a filósofo de bar. Novos problemas domésticos axexan coa chegada do seu primeiro fillo. Eterno comportamento adolescente máis alá dos 30. |
INTERNACIONAL1 19:00h | |
---|---|
INSTRUCCIÓNS PARA HUMANOS (Arxentina) Dirección: Sol Rietti Guión: Sol Rietti, Bárbara Cerro e Pablo Di Luozzo Vivir mellor é sinxelo. Feramentas sinxelas e cotiás que, á vez, teñen un sustento científico. Temas variados, desde cómo alimentarse mellor, cómo cargar baterías en situacións extremas, ata como saír favorecido nun selfie. Datita todo o sabe. |
|
STATUS (Italia) Dirección e guión: Margherita Ferri, Renato Giuliano, Davide Labanti. Qué pode levar a unha persoa a unirse a unha ONG? Fortunato é un mozo agrónomo e alborotador que, por amor, abandona a súa brillante carreira como camello para tentar converterse no traballador perfecto nun proxecto de cooperación internacional. Pero non contaba coa posibilidade de cambiar a súa vida para sempre |
|
ZOZO “O FUXITIVO DO ESPACIO” (Francia) Dirección e guión: Alexander Follain. Sempre á carreira, Zozo é un fuxitivo espacial que viaxa a través do universo para recuperar prezados obxectos roubados e devolvelos aos seus lexítimos donos. Para poder facelo, enfróntase aos maiores perigos e aos peores viláns. Zozo é o novo Robin Hood da galaxia! |
|
O CASO Q (Arxentina) Dirección: Güido Simonetti Guión: Güido Simonetti e Viviana Nigro O Dr. Martínez axuda a cumplir o soño de moitas parellas que non poden ser pais a través da inseminación artificial. Con moitos tratamentos realizados de maneira exitosa, hoxe encóntrase co dilema da súa vida: Mónica, unha rapaza cuadripléxica, quere ter un fillo. ¿Onde acaban os dereitos da nai e onde empezan os do neno que vai nacer? |
|
NIGHT SCHOOL WEBSERIES (Inglaterra) Dirección: Jack Jewers Guión: CJ Daugherty. Baseado nos libros de éxito internacional de CJ Daugherty, Night School: esta foi a primeira webserie europea baseada nunha novela para rapaces. Conta a historia de Allie Sheridan, unha londinense de clase media, a quen envían a un exclusivo internado no máis profundo da campiña inglesa. |
|
ARTHUR (Suiza) Dirección. Nick Rusconi. Guión: Nick Rusconi e Chloe de Souza. O seu nome é Arthur e é asasino en serie, pero quere deixalo. ¿Conseguirao? Arthur ten corenta anos, encántanlle os almorzos e o ruido das aspiradoras. Encántalle a cervexa artesana e a tranquilidade do seu fogar. Tamén sinte unha verdadeira aversión cara a xente. |
SÁBADO 7
INTERNACIONAL2 16:00h | |
---|---|
K RD STORIES (Nova Zelanda) Dirección: James Solomon, Eddy Fifield, Karyn Childs, Roseanne Liang, Nikki Si’ulepa, Petra Cibilich, Jane Sherning Warren, Grant Lahood, Clint Rarm. K Rd Stories revela a vida en Karangahape Road, onde habitan diferentes culturas con voces únicas. Esta colección de 10 curtametraxes web, gravados na rúa máis icónica de Nova Zelandia, explora o infrecuente, o contraste e a loucura. K Rd Stories bota unha ollada ás persoas e lugares que convirten esta veciñanza en algo tan infame a tan querido. |
|
THE MUTE WEBSERIES (Inglaterra) Dirección e guión: Andy Lambert. A serie MUTE é unha colección de tiras cómicas de acción real; pequenos relatos sobre os caprichos do comportamento humano. Arroxa unha mirada aceda sobre mini-momentos absurdos, mostrando a cara divertida da cobiza, o conformismo, a preguiza e algunhas outras características da vida moderna. |
|
WHATEVER, LINDA (Canadá) Dirección: Matt Eastman. Guión: Hannah Cheesman e Julian DeZotti Linda Thoroughbred está arruinada, divorciada e a piques de cumplir os 30. Pero cando a vida lle dá limóns ella aprende a facer… millóns. Linda e as mulleres do piso 44 constrúen un esquema de Ponzi que estafará billóns de dólares no maior roubo de colo branco da historia. |
|
EMMAS WELT (Alemania) Dirección: Luise Brinkmann Guión:Nicole Fornoff Emma ten 25 anos. A súa torpe e entrañábel personalidade parecen atraer as situacións absurdas e divertidas que constantemente a rodean. Abandona os seus estudos de Dereito para manter ao seu prometido, cando se decata de que el a está a engañar. Sen traballo, sen fogar e solteira, tenta atopar o seu camiño na vida. |
|
AVENTURAS DE CORAZÓN ROTO (Arxentina) Dirección: Ariel Martínez Herrera Guión: Ariel Martínez Herrera e Martín Garabal Despois dunha ruptura amorosa, un Corazón toma un descanso para atoparse a sí mesmo e curar as feridas. O curioso desta vacación é que é literalmente unha viaxe interior, onde percorre todo o corpo vistando aos seus vellos amigos e vivindo particulares aventuras. |
|
MUNDILLO (Arxentina) Dirección: Federico Suarez e Esteban Garay Santaló Guión: Malena Pichot. Unha famlia vive nunha planta, unha nai (interpretada por Dan Breitman) que só fala en musical, una televisión que axexa a saúde mental dos protagonistas e unha morea de situacións escangallantes que prometen facer desta serie unha adicción. |
NACIONAL3 17:30h |
|
---|---|
BRIDGET JON DE TRIANA Dirección: Pablo Gilez. Guión: Esperanza Guardado. Bridget Jon de Triana é un videoblog ficticio que retrata un personaxe cómico, cuasi patético, pero bastante vencellado ás decepcións do público en xeral. Desde a inocencia e comicidade deste personaxe quérese facer unha crítica incisiva ao imperativo social que obliga, sobre todo ás mulleres, a manter unha beleza estereotipada perfecta para non ser discriminadas. |
|
VIVEYLATE Dirección e guión: Victor Hugo Espejo. Viveylate é a busca de historias de vidas distintas que atopamos durante unha viaxe. Esta serie de documentais de viaxe fainos percorrer o o mundo coñecendo a natureza e o movemento urbano dos lugares que visitamos. Sempre a través da visión do viaxeiro Víctor Hugo Espejo, presentador e director desta producción audiovisual. Irá descubrindo a cara B destes lugares dos que críamos saber todo e facendo novos amigos que lle amosarán novos xeitos de vivir. |
|
BREAKING BED Dirección e guión: Adrián Pino. Nacho e Adri comparten habitación. Nacho é a temperanza e o saber estar e Adri representa todo o políticamente incorrecto. |
|
EL PARTIDO Dirección: Alex Rodrigo. Guión: Alex Rodrigo, Josep Gatell, Manuel Burque, Ezequiel Romero, Mario Tardón. Fernando é un ninguén que traballa para o Partido Democrático Español (PDE). Para a súa sorpresa, é chamado pola cúpula para presentarse ás primarias. Cun ego tan grande como as súas inseguridades, acepta sen pensar, a pesar das súas nulas aptitudes políticas. Mentres vemos o seu ascenso ao poder, descubrimos á estratexia oculta da cúpula do PDE: empregalo como cabeza de turco nos casos de corrupción do partido. |
|
ORFANATO ATROZ Dirección e guión: Antón Varela. Un Orfanato nunha illa no medio de quen sabe onde. Unha directora cun trastorno de personalidade. Un grupo de internos que sobreviven nun universo esmendrellado e aleatorio. |
|
EL COLEGA CANARIO Dirección y guión:David Saínz. Simón é un rapaz tímido que comparte piso en Sevilla con Rayco e Juan. Traballa nun pequeño supermercado de barrio e facer o ridículo provócalle arrepíos. Inseguro, o seu papel é o do típico panoco virxe da vila. Conta co apoio dos seus amigos, que lle aconsellan como afrontar a súa vida, alonxarse dos seus medos e actuar de xeito natural. Síntese atraído por María, aínda que non encontra a maneira de achegarse a ella. O seu colega Rayco encargarase de conducilo polo camiño axeitado, aínda que desde outra dimensión. |