Xoves ás 22:30h. Pazo da Cultura. Entrada libre ata completar aforo.
A longametraxe Estirpe, dirixida polo coruñés afincado en Madrid Adrián López, preséntase por primeira vez en Galicia tras pasar polo Festival de Málaga.
Financiada mediante crowdfunding, Estirpe pretende contar a historia dun cómic de culto que xamais existiu. Superheroes, nazis e militares da España franquista mestúranse na trama. Intérpretes: Sergio Peris-Mencheta, Silvia Alonso, Rubén Sanz, Nacho Aldeguer, Rocío León, Javier Botet, Ignatius Farray, Ángela Durán, Fabio León. BSO de Xoel López.
“Estirpe”, publicado en 1969, convértese nun clásico da historia do cómic, mais o seu autor desaparece misteriosamente. 44 anos despois, unha produtora que quere adaptala ao cine encárgalle a María, avogada, que atope o seu autor para conseguir os dereitos…
Con tres niveis de narración entrecruzados, a película, en mans de Adrián López, conta mediante flashbacks cómo se creou o cómic en 1969 e por qué desapareceu o seu autor. Nun tono máis documental relata as circunstancias do seu regreso e a adaptación da súa obra. E, por último, nun exercicio de metacinema, fragmentos do filme xa rodado, que nos dan máis pistas para completar o crebacabezas da historia.