Venres, 12h. Salón de actos do Fórum.

 

AndreuMeixide cip2016

Operación a corpo aberto sen bisturí nin cadáver

O ser humano é un animal curioso por excelencia. Desde que saímos das covas fomos sentindo a curiosidade de mirar ao noso arredor e tratar de entender o que vemos, o que nos rodea, o “outro”. Mais en certo momento da historia o ser humano occidental quixo ir un pouco más alá e decidiu que quería entender tamén cara a dentro, cara ao seu interior, e no se referían precisamente aos sentimentos. Sala circular de madeira, Doutores de sombreiros negros, mesa de mármore branco, un corpo pálido, bisturí, pel, corte, e todo o demais.

Pasaron centos de anos e nos tiempos que corren, se ben non está mal visto diseccionar corpos (polo menos no ámbito médico), non corre a mesma suerte o acto en si que nos moveu a abrirnos en canal: curiosear. En tempos de hiper-productividade parece que curiosear, pasar tempo mirando e preguntando o porqué das cousas para entender o que non se ve, non está no seu mellor momento. Á vez todos e cada un de nós vivimos unha vida case plenamente dixital e non parece que vaiamos a menos. Non hai tempo de dúbidas, de mirar alén do que se ve seguramente porque só o que se ve xa é abrumador. Aínda así nesta sesión proporémonos abrir o noso corpo dixital e tratar de desgranar algunhas das lóxicas que hai dentro que marcan cómo vivimos, cómo nos relacionamos e en definitiva cómo nos narramos. Traian as súas batas e mascarillas, pode ser que salpique.

andreumeixide

Andreu Meixide é moreno, alto, delgado, barcelonés e fillo de galegos. Realizador, programador cultural e arquitecto, leva años traballando nunha marcada liña de exploración, desenvolvemento e docencia en torno ás narrativas que nos ofrece a era dixital e a posta en valor da filosofía da cultura libre. Ten realizado diversos traballos na encrucillada da narración dixital, o activismo e a apropiación tecnolóxica, como a webserie documental Bloc dels pescadors ou o proxecto webdocumental Parkcelona. É director do festival BccN Barcelona Creative Commons Film Festival, así como da súa edición en Madrid CCMad, e director de contidos de Docs21, Festival Documental Narrativas Digitales.