Sábado 7 de maio. 10:30h. Salón de actos do Fórum.
A xeración que viu nacer internet a finais do milenio pasado observa agora cómo a cultura dixital chega á súa adolescencia, e empeza a non entener de todo o que está pasando, así que ten varias preguntas que facerse ao respecto. Que cousas que esperabamos de internet se cumpriron? Cales non chegaron aínda? Cales chegaron e non contabamos con elas? Como mudou a nosa cultura neste tempo? Como vemos a rede de aquí a dez anos? Falaremos do mellor e do peor de internet na tertulia matinal do sábado con Noel Ceballos, El Hematocrítico, Miriam Hernanz e Andreu Meixide.
Noel Ceballos é xornalista especializado en cultura popular. Actualmente traballa como redactor na revista GQ. No pasado ten colaborado en medios como Fotogramas, Calle 13, SModa ou Superjuegos, ademais de nas produtoras de televisión Boca Boca e Hill Valley. Publicou un ensaio, “Internet Safari” (Blackie Books), e unha novela, “La Escuela Nocturna” (Memento Mori).
Miguel López, “El Hematocrítico”, é un profesor de educación infantil da Coruña na vida e non se sabe moi ben o qué en internet. Creador de importantes blogs de humor como “El Hematocrítico de Arte” e “Drama en el Portal”. Colabora en diversos medios como Atresmedia, El Diario, Mongolia ou Cinemanía. É tamén autor de libros infantís como “Feliz Feroz” e “Agente Ricitos” (Anaya) e é un de Los Hermanos Podcast canda Noel Ceballos.
Miriam Hernanz é xornalista. Formou parte do equipo fundacional de RTVE.es en 2008, onde trabajó informando sobre noticias de última hora coordinando o equipo de Nacional durante 2 anos. En 2011 intégrase no Lab de RTVE.es, un novo departamento que pretendía desenvolver novas narrativas audiovisuais. Desde aquela especializouse na creación de webdocs e reportaxes interactivas, entre as que destacan ‘JFK Sombras de un magnicido’, ‘Estafeta 1’, ‘Fracking, fiebre del gas’ ou ‘Montelab’. En maio de 2015 toma a dirección do Lab e aposta polas narrativas máis puxantes, como os primeros proxectos de VR de RTVE ou a primeira curta de ficción interactiva.
Andreu Meixide é moreno, alto, delgado, barcelonés e fillo de galegos. Realizador, programador cultural e arquitecto, leva años traballando nunha marcada liña de exploración, desenvolvemento e docencia en torno ás narrativas que nos ofrece a era dixital e a posta en valor da filosofía da cultura libre. Ten realizado diversos traballos na encrucillada da narración dixital, o activismo e a apropiación tecnolóxica, como a webserie documental Bloc dels pescadors ou o proxecto webdocumental Parkcelona. É director do festival BccN Barcelona Creative Commons Film Festival, así como da súa edición en Madrid CCMad, e director de contidos de Docs21, Festival Documental Narrativas Digitales.