E para os que ademais de ver queiran aprender, o creador de Cálico Electrónico, Niko de Nikotxán, ofrecerá unha masterclass de animación en tecnoloxía Flash. Cálico Electrónico é “o maior superhéroe de todos os tempos” e é, tamén, a serie de animación online de fala hispana máis relevante de internet con máis de 100 capítulos e cun acumulado de máis de 30 millóns de visitas desde 2004. O seu creador contará no CIP como empezou a animar en Flash, como se lle ocorreu crear a Cálico e todo o que lle leva sucedido no mundo da animación dixital.