Impartido por Code Monsters

8 horas (dous turnos)lego_mindstorms_siguelineas_1200x600
16 prazas
de 8 a 14 años
30 de abril de 11:00 a 14:00
30 de abril de 16:00 a 19:00
Pazo da Cultura

Taller de robótica con Lego Mindstorms, plataforma que combina o coñecido sistema de construción de Lego cunha linguaxe de programación visual, servomotores, sensores e outros compoñentes.

Construiremos un robot capaz de recoñecer un circuíto e seguir o camiño trazado. Utilizaremos sensores de cores, servomotores, bricks programables, etc.

 

 

Code Monsters. code_monsters_con_texto_corto_blanco_5000x1597Espazo situado na Coruña dedicado permanentemente ao ensino en programación, robótica, ciencia e informática. A súa oferta didáctica está dirixida tanto a nenos como a mozos e adultos. Inclúense actividades que van desde un nivel introductorio que non esixen ningunha experiencia previa como outras máis avanzados para dar así continuidade na aprendizaxe.

 

Alejandro Sexto. Informático con máis de 15 anos de experiencia en distintos proxectos tecnolóxicos relacionados co desenvolvemento de software, a administración de sistemas, bases de datos, redes e a xestión de proxectos. Sempre interesado na docencia, na programación e todo o que a rodea (linguaxes, arquitectura de aplicacións, patróns de deseño), motivo polo cal creou Code Monsters.

Rubén Fernández. Físico con máis dunha década dedicada á formación científico técnica de adolescentes e novas, tanto en ensino regrado como libre. Acumula tres anos como investigador e divulgador de tecnoloxías abertas, impresión 3D, robótica, domótica e outras aplicacións da tecnoloxía e da electrónica programable.