Girls Make Games. Taller de creación de videoxogos para rapazas 2019-03-11T19:48:51+00:00
Venres 5 de abril. Aula Cemit do Pazo da Cultura. De 17h a 20h.

Girls Make Games. Taller de creación de videoxogos para rapazas

Obradoiro gratuíto destinado a nenas de 10 a 13 anos. Número máximo de prazas: 12.

A admisión farase por rigoroso orde de inscrición. Reserva a túa praza antes do 25 de marzo.
INSCRÍBETE AQUÍ

Neste obradoiro gratuíto veremos nocións básicas de deseño e unhas pequenas bases de programación cun programa sinxelo de usar e adaptado á idade das asistentes. As rapazas sairán do taller cunha demo dun xogo feito por elas mesmas.

Girls Make Games é un conxunto de campamentos de verán, obradoiros e sesións de traballo pensadas para inspirar a vindeira xeración de deseñadoras, creadoras e enxeñeiras. Creado en 2014, o programa xa alcanzou máis 5.500 rapazas en máis de 50 cidades de todo o mundo.

En España estes talleres coordínanos Isabel Cano e Eleazar Herrera a través de FemDevs, unha asociación sen ánimo de lucro que ten como obxectivo promover o interese, a participación e a presenza das mulleres na cultura do desenvolvemento de videoxogos. Serán elas quen impartan en Carballo este taller, que se realiza por primeira vez en Galicia.