Palmarés gal 2019-04-06T22:14:42+00:00

PALMARÉS 2019

O xurado composto por Manuel Bartual, Christian Flores, Natalia Flores, Marta Piñeiro e Daniel D. Garcia decidiu outorgar os seguintes premios:

Mellor webserie estatal, dotado con 800 euros e trofeo, para Nosaltres. Mención especial do xurado para Gente Hablando
Mellor webserie internacional, dotado con 800 euros e trofeo, para Tarde baby
Mellor webserie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, para As cousas do Choio. Mención especial do xurado para Cativos na cociña
Premio CTV á mellor campaña de difusión on-line, dotado con 500 euros e trofeo, para Mambo
Premio ao Mellor Dinosaurio, dotado con 400 euros e trofeo, para Beti
Premio CREA á mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para Roger Grau y María Medinilla por Nosaltres
Premio AGAG ao mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo, para Álvaro Carmona por Gente Hablando
Premio á mellor actriz, dotado cun trofeo, para Paula Jornet por Nosaltres
Premio ao mellor actor, dotado cun trofeo, para Ramón Barea por Gente Hablando

O xurado novo, composto por Carlota Añón Varela, Uxía García Jiménez e Sandra Romero García decidiu outorgar o seu premio, dotado con 400 euros e trofeo, a Mambo

O público, pola súa banda, concedeu cos seus votos o Premio do Público, dotado con 400 euros e trofeo, a Gente Hablando.

PREMIO A PROXECTO DE WEBSERIE EN GALEGO

Reunido en Carballo o xurado composto por Xose Regueira, Enrique Lojo, Nati Juncal e Sandra Lesta decidiu outorgar cadanseu Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros para a produción dos tres primeiros capítulos, a Xan e Amnesia 3.0, duplicando así a dotación total do galardón.

Amnesia 3.0.

Xan

MENCIÓNS

Gente hablando

Cativos na cociña

Nosaltres

Tarde Baby

As cousas do Choio

Mambo