ZONA PRO 2019 2019-04-01T12:19:36+00:00

Xoves 4 de Abril. Pazo da Cultura de Carballo. Salón de actos.

Unha xornada na que conocer as novas formas de creación, produción e xestión do talento audiovisual na rede, desde a diversidade de perspectivas que achega cada sector.  En colaboración coas asociacións profesionais do audiovisual de Galicia. Coa presenza, entre outros, de: 

Playz (RTVE dixital) Flooxer (Atresmedia), MediaproLabs, Portocabo, Ingenio Interactiva, Asubío Media, Comarea Cast.

País convidado: Arxentina

Cine.ar,  INCAA, UN3, BAWebFest, Macaco Films

Coa colaboración de:

CLAG, AGAG, AGAPI, CREA, AAAG

Inscrición gratuíta. Solicita a túa acreditación antes do 29 de marzo cubrindo o formulario.

HORARIOS

09:30. Recollida de acreditacións. 
10:00. Panel. Diante da cámara e nas redes sociais: intérpretes ou influencers?
11:15. Panel. Como cambiou internet a maneira de producir?  
12:45. Encontro co país invitado: Arxentina
16:30. Panel. Como se contan as historias no mundo dixital?
17:30. Jam-session de talento dixital.
18:30. Peche da Zona Pro. 

Programa

9:30h. Recollida de acreditacións no salón de actos do Pazo da Cultura.

10h – 11:15h. Panel. Diante da cámara e nas redes sociais: intérpretes ou influencers?  

En colaboración coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).  

A proxección nas redes de actores, actrices e comunicadores en xeral é cada vez máis importante na industria, pois conforma unha nova maneira de chegar ao público. Pero como de relevante debe ser o número de seguidores á hora de elixir un reparto? Saben actores e actrices xestionar a súa marca na rede? É ter perfil potente na rede unha porta para chegar a traballar na industria audiovisual?

Destas cuestións falaremos con actrices que traballan de diverso xeito a súa imaxe na rede, unha representante de actores e produtora e tamén un profesional da comunicación dixital que traballa con influencers e con marcas.

Participantes: Lucía Regueiro (actriz e presentadora), Amalia Mato (representante e produtora), Román Camba (Ingenio Interactiva) e María Vázquez (actriz).  Moderadora: Iria Sobrado, actriz, en representación da AAAG.

Lucía Regueiro

Habitual da pequena pantalla, debutou como actriz na serie “Mareas vivas” sendo só unha adolescente. Entre outros traballos, formou parte do elenco principal da lonxeva “Libro de familia” ao longo de máis de 300 capítulos, interpretou á enfermeira Aitana Terol na serie “Amar es para siempre”, e desde o 2014 protagoniza o thriller rural “Serramoura” no papel da sarxento Marga Neira. No eido do teatro traballou con compañías como Teatro do Atlántico, Espello Cóncavo, Teatro do Aquí, Emedous ou o Centro Dramático Galego. Foi candidata en dúas ocasións ós premios María Casares de teatro, e ós premios Mestre Mateo nas categorías de actriz protagonista e comunicadora de televisión. Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, empezou a súa carreira como presentadora no icónico programa Luar, e é un dos rostros habituais das galas especiais da Televisión de Galicia. Recentemente presentou a primeira temporada do formato de humor “Malo Será”, e actualmente conduce o programa “Bamboleo” no prime time da noite dos sábados da canle autonómica. Ten 23.000 seguidores en Facebook, 8.500 en Twitter e máis de 14.000 en Instagram.

María Vázquez

María Vázquez vén de gañar o seu terceiro Mestre Mateo polo papel protagonista na película “Trote”, e é finalista dos María Casares polo seu papel na montaxe teatral “A leituga”. Na súa extensa traxectoria leva máis dunha ducia de traballos en cine, entre os que destacan “O ano da carracha”, “Mataharis” (pola que foi finalista ao premio Goya) , “18 comidas”, “Doentes” ou “María e os demais” e na pequena pantalla protagonizou os telefilmes “Mar libre” e “O club da calceta” para TVG ademais de series como “Padre Casares”, “As leis de Celavella”, “Hospital Real” ou “Augasquentes”. En teatro ten traballado con directores como Victor Duplá, Rubén Ochandiano e Andrés Lima. Ademais é profesional da pedagoxía teatral e produtora, e formou parte da directiva da Academia Galega do Audiovisual. Non ten redes sociais para o uso profesional aínda que nos últimos meses creou unha personaxe, Maruxa Tomei, que parodia o mundo das influencers ensinando «Como ser unha actriz de éxito en varios pasos, que ningún terá que ver coa interpretación».

Amalia Mato

Produtora audiovisual, comezou nos 90 coas curtas “O Matachín”, “Coruña imposible” ou “Isolina do Caurel” e conta cunha ampla experiencia en ficción, documentais, animación ou entretemento, sendo responsable de proxectos tan salientables como “Mareas Vivas”, “Nada es para siempre”, “Terra de Miranda”, “El espíritu del Bosque”, “Con perdón”, “Cos pés na terra”, “Reliquias”… Actualmente é CEO da produtora Recrea Films. En 2015 creou a axencia de representación de actores e actrices Comarea Cast.

Román Camba Nogueira

Formado como enxeñeiro e economista, leva máis de 17 años no sector dixital. A súa experiencia no sector pasa por ser fundador da axencia Ingenio Interactiva, director de axencia dixital do grupo Isobar – Aegis Media/Dentsu ou estar implicado en proxectos dixitais como Vippter ou GamersWalk (eSports), ademas de ter sido consultor externo e colaborador de numerosas axencias nacionais. Durante anos que leva á fronte das axencias que fundou estivo implicado nas estratexias e proxectos dixitais de clientes como Audi, VW, Estrella Galicia, Inditex, Gadisa, Zelnova Zeltia, Frinsa la Conservera, Xunta de Galicia, Abanca, etc.

Iria Sobrado

Iria Sobrado é unha artista galega nacida en 1979. Compostelá de adopción -e de corazón- é  actriz de teatro e televisión e a súa proposta artística máis persoal ten forma de performance e accións escénicas efémeras. Amante do risco, aposta na actualidade por propostas que procuran unha conexión directa co espectador e unha exploración da intimidade. Gústanlle os fogos de artificio e a poesía, o mar, a calor e o salitre. É feminista. Ama, por riba de todas as cousas, á súa filla Helena. Entre horas, e roubándollas ao que toque, é a secretaria da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Foto: Boquerón á feira.

11:15h – 12:30h. Panel. Como cambiou internet a maneira de producir?  

En colaboración coa Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) 

Novas plataformas, series dixitais, producións globais, novos formatos, branded content… a produción audiovisual expándese por todo tipo de pantallas e ten un mercado global ao seu alcance. Que supón isto para as produtoras e para os medios? Cales son as esixencias de produción da industria audiovisual en internet? Que novos factores hai que ter en conta á hora de afrontar un proxecto?

Participantes: Alberto Fernández (Playz – RTVE), Mafalda González-Alegre (Flooxer), Carla Rogel (Globomedia – Mediapro Labs), Alfonso Blanco (Portocabo). Moderador: José Antonio Velo, de Astrágalo Studio, en representación de AGAPI.

Alberto Fernández

Director de contidos dixitais de RTVE. Formou parte do equipo fundador de RTVE.es que leva desde 2008 transformando a estrategia dixital da Corporación. Entre 2009 e 2012 foi responsable de información internacional de RTVE.es. Foi membro do Lab RTVE e desde 2014 é responsable de contidos dixitais de RTVE, impulsando o desenvolvemento de produtos transmedia e interactivos asociados a marcas asentadas de RTVE como El ministerio del tiempo, Cuéntame, MasterChef ou Eurovisión. Coordinou o lanzamento e a posta en marcha de Playz, a nova plataforma de contidos dixitais de RTVE, lanzada en novembro de 2017.

https://twitter.com/jalfertor

Mafalda González-Alegre

Responsable de desenvolvemento de contidos de Flooxer, a plataforma creada por Atresmedia como escaparate do talento dixital e dos contidos nativos para a rede. A súa premisa é ofrecer a mellor calidade técnica e creativa, seleccionando os mellores creadores que hai en internet para distribuír o resultado a través dunha plataforma premium da maneira máis óptima e achegalo a novos públicos. Cun cartel de creadores que inclúe a Vengamonjas, JPelirrojo, Isa Calderón, Diffferent Entertainment, Los Hermanos Podcast ou Soy una pringada, e de canais que abranguen diversos xéneros, temas e estilos, Flooxer foi pioneira en producir webseries premium como “Paquita Salas”. Nesta primavera ten previsto estrear “Vosotros sois mi película”, o documental sobre Ismael Prego, Wismichu, dirixido por Carlo Padial.

Carla Rogel

É experta en storytelling, licenciada en Comunicación Audiovisual pola UCM e actualimente realiza o doutoramento cunha tese sobre transmedia e storytelling en contidos audiovisuais de moda. É a coordinadora de Mediapro Labs, onde se ocupa de rexistrar as propostas, orientar os participantes sobre como desenvolver as súas ideas e ofrecelles titorías ás persoas que descoñecen como presentar unha proposta audiovisual.

Alfonso Blanco

Director xeral de Portocabo e anterior produtor executivo e director de produción de Voz Audiovisual, conta con moitos anos de experiencia producindo ficción para canles como Movistar+, ARTE France, Disney Italia, RAI, RTP, TV3, TVG e TV de Canarias. Entre as súas últimas coproducións están series como “Vidago Palace”, “Miracle Tunes” ou “Hierro”, un thriller desenvolvido en Portocabo que se estreará en Movistar+ o vindeiro mes de xuño. Alfonso Blanco é profesor no Máster de Produción e Xestión Audiovisual na Universidade da Coruña desde 2004 e un recoñecido showrunner a nivel europeo. Foi seleccionado para participar no Internacional Drama Copro Summit de MIPTV 2015 xunto a 60 dos máis destacados produtores executivos do panorama internacional.

José Antonio Velo

Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Salamanca. Logo de varios anos traballando en Madrid como director de postprodución decide regresar á súa cidade natal, Ourense, para abrir Astrágalo Studio, un estudio especializado en deseño creativo, produción audiovisual, branded content, transmedia e animación 2D e 3D. Forma parte de AGAPI e do colectivo Innovación Audiovisual, onde escribe de maneira habitual sobre o ámbito dos contidos dixitais.

12:45h – 14:00h. Encontro co país convidado: Arxentina

En colaboración co Cluster Audiovisual Galego (CLAG).

Arxentina, primeiro país convidado que visita o Carballo Interplay, é punta de lanza na industria dos contidos dixitais en LATAM, especialmente no que respecta á ficción e ás series feitas para internet. Contaremos con representantes de cadeas, plataformas e do Buenos Aires Webfest, festival de referencia no mundo das webseries.

Participantes: Martín Lapissonde (Macaco Films e director BAWEBFEST), Rocío Carbajo (coordinadora de contidos de UN3Tv), Agustina Lumi (Coordinadora de contidos CINE.AR- plataforma FVOD del INCAA de Argentina). 

Martín Lapissonde

Naceu en Vera en 1982. En 2004 licenciouse na Universidad del Cine. En 2013 produciu a multipremiada serie web “Estilo Esther”. En 2014 produciu as curtametraxes “Cuchipanderos”, gañadora de INCAA TV, e “Los días Felices”, gañadora do 1ª premio BAFICI 2016. En 2015 produciu a serie “Psicosomática” para UN3.tv. Foi xurado en espacio Santafesino para o concurso series web 2015. En 2016 produciu as series web “Estilo Esther 2” e “Noche de Paz” e a curtametraxe “Un Hada”, Selección Oficial do Festival de Mar del Plata. Xurado dos concursos do ICAU 2016 para desenvolvementos web. En 2018 foi xurado do Festival de Bilbao Series Land. É socio fundador da produtora Macaco Films. Docente na FUC e en Tea Imagen. Director e fundador do Festival BAWEBFEST. En 2018 produciu a serie “Noche de Amor” e a curtametraxe “LST” e estreou a película “Música para casarse”, gañadora de Opera prima. Actualmente produce os documentais “Canal 54”, “2+2=5” e o musical “Te seguiré”.

Rocío Carbajo

Con máis de 15 anos traballando no medio audiovisual, ten traballado como produtora, guionista e editora. Tivo a súa propia produtora de contidos e desde 2013 forma parte do proxecto UN3, do que hoxe é coordinadora xeral. Estudou deseño de imaxe e son na UBA e brindou diferentes charlas e tallers como oradora e capacitadora de profesionais, en espazos como o BAWEBFEST, a EICTV, Escuela Internacional de Cine y TV de San Antonio de los Baños en Cuba, a Universidad de la República de Uruguay, FISMED (Festival Internacional de Series de Medellín, Colombia), Trimarchi, Social Media Day Montevideo, Neo Media Lab, TEA Buenos Aires e Virtuality, entre outros. Foi produtora xeral cas curtametraxes “Tarde Baby” de Malena Pichot, “El Líder” e “Real”, entre outros. E de diversos contidos como  “Del Cabildo al Shopping” (ciclo emitido pola TV Pública Argentina), “Punto de quiebre” (primeira serie de ficción realizada íntegramente con tecnoloxía 360° VR en Arxentina), “Experiencia 360° (contidos con fins educativos realizados en 360° VR para a Secretaría de Innovación y Calidad Educativa del Ministerio de Educación de la Nación Argentina), “Mi derecho a un sueño. UNICEF” (experiencia multimedia xerada para UNICEF que reflexiona sobre a problemática dos nenos migrantes en Latinoamérica), “Clave Argentina” (ciclo de turismo emitido por Canal 9 de Arxentina) e “Los Mentirosos” (película estreada no festival internacional de cine de Mar del Plata 2018).

Agustina Lumi

Produtora de cine e televisión en Arxentina. Desenvolveu a súa carreira nas principais produtoras e emisoras de TV e cable. Actualmente é coordinadora de contidos de medios do INCAA (Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales) de Arxentina e xunto ao seuu equipo traballa para sumar nuevas audiencias ás produccións arxentinas, acompañando as políticas de fomento desde a exhibición e as pantallas públicas.

Cine.ar TV é a canle lineal de TV do INCAA, exhibiendo cine argentino 24/7 sen cortes comerciales. Cos mellores números de audiencia e 800 títulos al año, chegando a 12 millóns de persoas en Arxentina. Tamén programa cine internacional, especialmente iberoamericano.

Cine.ar Play é a plataforma FVOD do INCAA para os contidos arxentinos baixo demanda e desde cualquera lugar do mundo. Películas, series, series web, documentais e curtametraxes, gratis, en todos os dispositivos. Con máis de 1.300.000 suscritores totais, está disponíbel para smartphones, tabletas w smart tv.

16:30h – 17:30h. Panel. Como se contan as historias no mundo dixital?

En colaboración coa Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) e coa Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA).

Como está a cambiar a narrativa audiovisual a aparición das novas plataformas? Cales son os novos xéneros, formatos e linguaxes do mundo dixital? Estanse adaptar os profesionais ás novas linguaxes?

Participantes: Enrique Lojo (guionista), Christian Flores (creador audiovisual), Mercedes Marcos (responsable de desenvolvemento de Asubío Media), Beatriz Legerén (profesora de deseño e guión de videoxogos na Uvigo). Moderadora: Marta Piñeiro, realizadora, en representación de CREA.

Enrique Lojo

Licenciado en Comunicación Audiovisual pola USC e Máster de Guión de Ficción de Cine e Televisión pola UPSA. Como guionista ten traballado para produtoras como Portocabo, Madmex Filmanova, Voz Audiovisual, Plano a Plano, Diffferent Entertainment ou Isla Audiovisual entre outras. Gran parte da súa carrera desenvolveuse na Televisión de Galicia, escribindo en series como “Luci”, “Casa Manola”, “Viradeira”, “TAC” ou “Serramoura”. A nivel estatal escribiu comedias como “Sabuesos” (La 1) ou “Mónica Chef” (Disney Channel) e, más recentemente, “La Sala”, thriller para HBO e FORTA. No ámbito dixital escribiu “Entertainment” para Flooxer ou “Mambo”, comedia musical para Playz.  Actualmente atópase inmerso na escrita de “El último show”, a que será a primeira ficción de Aragón TV, e no desenvolvemento para Movistar+ de “Día Cero”, serie da que é creador canda David Sainz.

Christian Flores

Autodidacta interesado no novo tipo de proposta audiovisual que se xera en Internet con especial fincapé na comedia, no coñecemento e na música. Traballou en varias plataformas de entretemento como Diffferent Entertainment ou Playground, onde creou o “trap de las Meninas”, que se fixo viral en todo o ámbito hispano. Ademais de seguir creando para a súa canle de Youtube e as súas redes, ten traballado en televisión para programas como “Wifileaks” e “Locomundo” (#0), ou “Proyecto Arkano”, de Producciones del Barrio para TVE.

Beatriz Legerén

Aínda que na actualidade exerce como profesora en deseño de videoxogos na FCSC da Universidade de Vigo (pola que é doutora en Comunicación Audiovisual, especializada en Game Studies), o seu traballo no ámbito do deseño de produtos interactivos iniciouse no ano 1993 coa creación da produtora Pixel Graphics, especializada en CG. Posteriormente crea a empresa Interacción, que se converte na primeira axencia interactiva de Galicia, ademais da primeira produtora dun videoxogo de temática celta para PC, do que foi produtora executiva. Con posterioridade traballou no deseño (guion) de videoxogos para diferentes plataformas e pantallas. Tivo a oportunidade de traballar en proxectos de investigación e de ser responsable en diferentes asociacións de ámbito galego relacionadas co audiovisual e coas tecnoloxías da información.

Mercedes Marcos

Directora e produtora audiovisual, inicia a súa carreira en 2013 como freelance producindo vídeos para eventos. En 2015 comeza a traballar en Asubío Media creando contido de entretemento infantil para YouTube. Ao pouco tempo encargarase, como xefa de produción, de planificar o traballo e organizar os equipos. En paralelo, en 2016 forma parte como axudante de dirección e produción do proxecto “María Fumaça, Aire” na produción do DVD para a editorial Galaxia. Actualmente, como Directora Executiva de Asubío Media, é responsable tanto do desenvolvemento e dirección de proxectos como da elaboración da estratexia transmedia da produtora levando, por exemplo, a webserie infantil de animación 2D “Aprende con Eddie” ao formato de serie para TV con “La Hora de Eddie”.

Marta Piñeiro

Directora e realizadora audiovisual cunha traxectoria de máis de 12 anos en series de ficción para a Televisión de Galicia como “Matalobos”, “Padre Casares”, “Libro de familia” ou “Rías baixas”. Premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual á Mellor Realización por “O Nordés” (2009) e “Matalobos” (2011), serie galardoada ese mesmo ano co Prix Circom europeo. Graduada en Comunicación (Creación Audiovisual) pola Universitat Oberta de Catalunya (UOC) co TFG: “Transmedia e renovación de audiencias en televisións públicas”, e titulada en Realización e posprodución Audiovisual, exerce como docente en cursos da Escola de ficción de Voz Audiovisual e de CTV producións audiovisuais. Dirixiu os documentais “Aprendendo a cambiar o conto” (2014), sobre igualdade de xénero, e “Deuteronomio 7:20” (Chanfaina Lab 2017), seleccionados, respectivamente, no Festival Internacional de Cine Mujeres en Foco (Arxentina) e no Zinebi, entre outros.

17:30 – 18:30h. Jam-session de talento dixital.

Unha sesión de mentoring aberta e informal na que os asistentes poderán preguntarlles aos expertos presentes durante toda a xornada as claves para desenvolver o seu proxecto dixital. Destinado a produtores, creadores e talentos dixitais que teñan un proxecto ou unha idea para desenvolver e estean dispostos a contalo en público para recibir consello por parte doutros profesionais da industria.

Poderedes formularlle as vosas preguntas a:

Esther Medina (xefa do Servizo de Innovación no Entorno Dixital de TVG),  Alberto Fernández (Playz), Mafalda González Alegre (desenvolvemento de contido de Flooxer e Atresplayer), Carla Rogel (Mediapro), José Antonio Velo (AGAPI), Agustina Lumi (CINE.AR, Arxentina), Rocío Carbajal (UN3TV, Arxentina), Martín Lapissonde (BAWWEBFEST, Arxentina), Beatriz Legerén (docente na Universidade de Vigo), Mercedes Marcos (Asubío Media), David Sainz (director e guionista), Teresa Segura (produtora), Christian Flores (creador audiovisual), Marta Piñeiro (directora, CREA) e Enrique Lojo (guionista, AGAG).