Masterclass: Como crear para unha canle de YouTube? Cóntacho TikTak Draw! 2019-03-11T14:20:12+00:00
Sábado 6 de abril. De 11h a 13:30h.

Masterclass: Cómo crear para unha canle de YouTube? Cóntacho TikTak Draw!

Coñece os procesos de produción dun proxecto orientado á plataforma YouTube con axuda dunha das xestoras e a directora de proxectos do canal TikTak Draw.

Destinado a adultos e a rapazas e rapaces maiores de 12 anos. Inscrición gratuíta. O prazo de inscrición finaliza o 25 de marzo.
16 prazas. A admisión farase por orde de inscrición.
INSCRÍBETE AQUÍ

A estrutura da charla estará baseada na experiencia e estratexia de Asubío Media en YouTube cun enfoque cara ao traballo de comunidade, redes sociais e marketing dixital, todo iso para dar co proxecto que xa leva conseguido máis de 5 millóns de subscritores.

Asubío Media é unha empresa creada en Corme en 2015 que hoxe en día é unha das produtoras máis relevantes a nivel estatal de contido de animación para Youtube. Desde as súas oficinas de Carballo xestionan diversas canles de Youtube como Asubio Kids, con case tres millóns de subscritores, ou TikTak Draw, unha canle de vídeos explicativos debuxados (do xénero ‘draw my life’) que conta con máis de 5 millóns de subscritores na actualidade.

Que veremos?

Duración aproximada de 2h30 cun descanso intermedio (incluido, antes da parte 4) de 20 minutos.

  1. Introdución (20 min)

Inicios da productora Asubío Media e comezos do canal TikTak Draw. Expansión da marca con mostras de resultados de crecemento. Explicación do concepto transmedia e ata onde se quere abarcar.

  1. Producir un Draw (45 min)

  • Plan de traballo que se segue no departamento.
  • Estrutura do equipo. Quen son e que fan?
  • Exemplos sobre como se fai un vídeo.
    • Mostra de vídeo a tempo real comparado con edición.
    • Presentación dos programas que se utilizan.
    • Fotografías do equipo.
  1. Xestión de YouTube e de RRSS (30 min)

  • Ferramentas de traballo
  • Que é Creator Studio e como funciona
  • Redes sociais indispensables para o teu proxecto transmedia
  1. Actividade (30 min)

Realización dun sketch de estilo de draw improvisado a partir de ideas dos participantes.