Loading...
O Festival 2017-04-09T12:39:49+00:00

CARBALLO INTERPLAY 2017

Audiovisual e internet na Costa da Morte.

Carballo é unha vila ao noroeste da provincia da Coruña, no noroeste de Galicia e tamén no da Península Ibérica. Ten 30.000 habitantes e é a capital da comarca de Bergantiños. Sitúase ás portas da Costa da Morte, unha zona marítima coñecida polos seus naufraxios, as súas sobrecolledoras paisaxes e cantís e por praias como a de Razo, estupendas para facer surf.

Na Costa da Morte a forza da marea é

quen de afundir petroleiros, facer medrar os mellores percebes de occidente ou provocar a éxtase sensorial dos seus visitantes, especialmente cando hai temporal. Tamén a dos seus habitantes, que malia todo levan con bastante tranquilidade iso de vivir na fin do mundo.

Alí celébrase o Carballo Interplay, un festival de contidos dixitais, evento pioneiro ao organizar a primeira competición de webseries de España. Pero os seus contidos van máis alá da ficción seriada e buscan explorar as posibilidades de internet como medio para a narración, o humor más transgresor, a non ficción, a cultura dixital, o patrimonio audiovisual dixital ou a performance interactiva, sempre co vídeo como base.

Vémonos en Carballo!

O FESTIVAL

PROGRAMA

COMPETICIÓN

PREMIO A PROXECTO

FORMACIP

CONTACTO