Tías graciosas: un repaso polas barricadas da comedia feminina 2020-11-06T20:31:21+00:00

Tías graciosas: un repaso polas barricadas da comedia feminina

Con Lorena Iglesias, Penny Jay, Victoria Martín (Living Postureo) e Carolina Iglesias (Percebes y grelos)

Que raio pasa? As mulleres non somos “graciosas”? Falamos con catro cómicas que desenvolveron os seus traballos desde a resistencia e desde internet para saber por que custa asumir que as mulleres son tan graciosas coma os homes.

SARA GARCÍA (PENNYJAY)

Sara García, máis coñecida como PennyJay, é cómica e adicta ás redes sociais. Creadora do proxecto Riot Comedy, primeiro show de comedia feminina que reivindica a presenza de mulleres no mundo da comedia, o cal produce, dirixe e presenta. Colaboradora en Señoras Fetén. Autónoma ao bordo do ataque de nervios. Comezou os seus primeiros pasos na rede por medio de ‘Abuela salgo el net’, o primeiro medio de comunicación centrado nas noticias dos creadores de contido na internet, deixouno porque non daba unha peseta. Arquinemiga de media Españita, pero moi amiga dos seus amiguites.

VICTORIA MARTÍN (LIVING POSTUREO)

Vitoria Martín de la Cova (Madrid, 1989) é xornalista, guionista e colaboradora de televisión e radio. É co-creadora da canle de Youtube Living Postureo e colaboradora en Yu No Te Pierdas Nada en Europa FM. Vitoria traballou como guionista para La Resistencia, de David Broncano, como colaboradora para Las Que Faltaban, de Movistar +, e participou en diferentes formatos na canle Comedy Central. Así mesmo, é co-creadora e presentadora do programa Problemas del Primer Mundo, un formato de Flooxer, Neox e Europa FM.

LORENA IGLESIAS

Lorena Iglesias Lista é cómica, actriz, guionista e youtuber marxinal. Actualmente desenvolve na Academia de Cinema a serie ‘Millennials mal’, sobre unha “ millennial vella”, hipocondríaca e neófila. Desde 2019 fai un show semanal, sempre diferente, ‘Necroshow’, participa en programas de radio e colabora en eventos feministas como ‘Princesas y Darthvaders’, Riot Comedy, etc. O seu estilo cómico foi descrito como “comedia alucinada ou thinking out of the box”. Mellor ver. Mellor ver para crer.

CAROLINA IGLESIAS (PERCEBES Y GRELOS)

Carolina Iglesias (Oleiros, 1993) é guionista, cómica e presentadora. Deuse a coñecer no Chat de Operación Triunfo e colaborando en Yu (Los 40) e La Hora Yutuber de Vodafone Yu. Coñecida en internet coma Percebesygrelos, na súa canle de youtube fala de todas as súas paixóns: a cultura pop, Galicia e Eurovisión. Retransmite o Festival de Eurovisión na web de RTVE dende 2016, entrevista a xente tomándose unha caña e saiu en Paquita Salas durmindo, todo un fito na súa carreira. Participou en diversos formatos televisivos como Zapeando (La Sexta), Lo Siguiente (TVE) ou Ilustres Ignorantes (Movistar+) pero tamén nas plataformas dixitais como reporteira en Verano Influencer (MTmad), colaboradora en Problemas del primer mundo (Flooxer) e colaboradora en OTVisión (Playz). En 2018 publica o poemario “El amor, qué movida”, unha recompilación de poemas que nacen do desamor nos que a cultura pop e os sentimentos afloran en cada verso.