Presentación Radio Primavera Sound + Ciberlocutorio 2020-11-09T18:43:55+00:00

Presentación Radio Primavera Sound + Ciberlocutorio

Todas as cousas máis importantes do mundo están en internet. E se non están, non nos importan. Neste show de Radio Primavera Sound analizamos tuits, beefs, comentarios de Youtube, artigos de señores, quentaduras virtuais e a última tendencia. Toda a actualidade desde un enfoque social, feminista e millennial. Somos o máis pareceido a abrires unha botella de viño coa túa mellor amiga e deixar que todo flúa. 

Radio Primavera Sound é a radio oficial do festival Primavera Sound pero tamén é moito máis ca iso. Emitindo audio e vídeo online desde 2019, RPS quere recoller todas as sensibilidades musicais que collen no Primavera Sound e abrir os seus micrófonos a novas voces, voces informadas, e a contidos diversos, feministas e disidentes. Cunha audiencia de case 500.000 escoitas ao mes, RPS emite as 24 horas desde radioprimaverasound.com e aloxa medio cento de podcasts –entre eles Deforme Semanal Ideal Total e Ciberlocutorio– nas principais plataformas de podcasting, Spotify, Apple Podcasts, Mixcloud, Soundcloud, iVoox.

MARTA SALICRÚ

Marta Salicrú é a directora de Radio Primavera Sound, unha radio online que quere ser feminista, diversa, aberta e disidente. Xornalista musical de Barcelona con 15 anos de experiencia –11 dos cales en Time Out Barcelona, a metade como xefa de redacción–, colabora en Rockdelux, explica cultura pop na ESCAC (Escola Superior de Cinema e Audiovisuais de Catalunya), e escribiu ‘Putos himnes generacionals’ (Columna, 2015). Participou como relatora en eventos internacionais da industria musical como Eurosonic Noorderslag ( ESNS), Primavera Pro, M for Montreal and MIL, Lisbon International Music Network, e pinchou pop entendido da maneira máis ecléctica posible en salas como La [2] de Apolo e Razzmatazz, festivais como FIB, Vida ou Indietracks, e clubs como How Does It Feel To Be Loved.

ANNA PACHECO

Anna Pacheco (Barcelona, 1991) é xornalista e escritora. Pon o foco en temas sociais, feminismos e cultura popular con perspectiva de clase e xénero. É copresentadora do programa Ciberlocutorio de Radio Primavera Sound. Os seus textos apareceron en medios como VICE, PlayGround, La Marea, Público e El País. Actualmente traballa como xornalista autónoma e tamén colabora semanalmente na Cadena Ser. Participou na antoloxía de textos feministas ‘Aquí estamos’ (Editorial Akal, 2019) e é autora de ‘Listas, guapas, limpias’ (Caballo de Troya, 2019), a súa primeira novela de ficción.

ANDREA GUMES

Andrea Gumes (1987) politóloga e xornalista. Co-presentadora do podcast Ciberlocutorio e o programa diario das tardes de Radio Primavera Sound, Tardeo. Presentadora do programa Tube d’ Assaig na televisión catalá Betevé. Escribía os horóscopos en Vice Spain, agora en Vogue España. Autora dun dos relatos de “Ya no recuerdo qué quería ser de mayor”, antoloxía publicada con Temas de Hoy (Planeta).

BRAYS EFE

Brays Efe móvese como peixe na auga entre o underground e o mainstream. Nacido en Las Palmas de Gran Canaria, criado entre Galicia e La Rioja, trasladouse a Madrid para estudar Comunicación Audiovisual. Como actor destaca o seu traballo en Paquita Salas, serie de Javier Calvo e Javier Ambrossi por cuxo traballo recibiu o Premio Feroz na súa primeira tempada. Escribiu e dirixiu as súas propias curtametraxes, presentou distintos formatos on- line como El Tea Party de Mario y Alaska e Yasss, colaborou en medios como en ICON, Vice ou I-D e en programas como ‘Antes de que sea tarde’ e ‘A vivir Madrid’ da Cadena SER. En ‘Tu cara me suena’, de Antena 3 , conquistou cada semana a millóns de espectadores converténdose en Sara Montiel, C. Tangana ou Netta. Tras dous meses enchendo o Teatro Lara, continúa representando ‘Las cosas extraordinarias’, obra de Duncan Mcmillan que protagoniza, dirixida por Pau Roca.