Playlist: Etapas e xeracións do Youtube galego 2020-11-06T20:07:16+00:00

Playlist: etapas e xeracións do Youtube galego

Con Miguel Silva Conde (Alque-e)

O galego estivo presente en Youtube desde a apertura da plataforma. Ao comezo, de forma aleatoria e ocasional, mais axiña chegaron contidos propios para a rede. Co paso do tempo foron variando e mudando as formas e temáticas, por iso cómpre facer unha periodización da nosa historia en Youtube. O youtubeiro Miguel Silva (Aquele) faranos un percorrido guiado (e proxectado) por esta Historia.

MIGUEL SILVA (AQUEL-E)

Así que rematou o Grao en Lingua e Literatura Galega e mentres non atopaba traballo, Miguel Silva decidiu abrir unha canle de youtube baixo o nome de Aquel-e. Sen saber moi ben por onde tirar, foi mesturando as súas paixóns e convertendo a canle nun lugar onde se pode falar desde Castelao a Kim Kardashiam, sempre pasando por Ana Kiro. O interese por esta nova perspectiva da historia de Galiza fixo que tivese que deixar a cámara e enfrontarse ao público en directo. Para isto creoi Galiza Pop, unha charla-monólogo coa que recorreu xa máis de 30 centros de ensino secundario. Chegado o momento quixo levar a performance ao extremo e fíxoo a través da música compñendo “Que nos pille rebolando”, un reggaetón que foi a canción do verán da TVG no 2019.