Necroshow 2020-11-06T20:18:17+00:00

Necroshow

Show de humor dunha hora de duración con vídeos, música urbana en vivo, ASMR e stand-up. O nome do espectáculo, Necroshow, está sacado dunha frase de Ayuso, presidenta da Comunidade de Madrid, sobre a exhumación de Franco.

LORENA IGLESIAS

Lorena Iglesias Lista é cómica, actriz, guionista e youtuber marxinal. Actualmente desenvolve na Academia de Cinema a serie ‘Millennials mal’, sobre unha “ millennial vella”, hipocondríaca e neófila. Desde 2019 fai un show semanal, sempre diferente, ‘Necroshow’, participa en programas de radio e colabora en eventos feministas como ‘Princesas y Darthvaders’, Riot Comedy, etc. O seu estilo cómico foi descrito como “comedia alucinada ou thinking out of the box”. Mellor ver. Mellor ver para crer.