Gala de clausura 2020-11-09T18:41:23+00:00

Amor en dixital

Xoan Manoel Esparís, divulgador para seres minguantes (como el mesmo se define) será o encargado de conducir a gala de clausura da VII Edición do Festival Carballo Interplay. Seguramente todos o lembraredes por documentais de gran rigor científico como “As ondas cerebrais flotan porque non as ves” ou “ Os átomos xogan nas súas horas mortas” e por ser o autor entre outros dos ensaios “O amargo soño dun androide namorado” ou “Percorrendo a Via Láctea na miña vespa”. Xoan Manoel nesta ocasión abordará as claves do Amor en Dixital co seu peculiar método para entender esta nova forma de relacionarnos entre os seres humanos porque… Quen non quere amar, sexa no formato que sexa?

Dirección: Sandra Lesta
Presentada por Xose Barato.