Estirando el chicle 2020-11-06T20:23:42+00:00

Estirando el chicle

Podcast ao vivo con Carolina Iglesias (Percebes y grelos) e Victoria Martín (Living Postureo)

Estirando o chicle é un podcast onde Carolina Iglesias e Vitoria Martín rajan sobre cousas. Tiñamos unha descrición máis concienzuda pero ao final quedámonos con que vai diso: de rajar. Ás veces hai convidados, pero que iso non nos distraia do de RAJAR.

CAROLINA IGLESIAS (PERCEBES Y GRELOS)

Carolina Iglesias (Oleiros, 1993) é guionista, cómica e presentadora. Deuse a coñecer no Chat de Operación Triunfo e colaborando en Yu (Los 40) e La Hora Yutuber de Vodafone Yu. Coñecida en internet coma Percebesygrelos, na súa canle de youtube fala de todas as súas paixóns: a cultura pop, Galicia e Eurovisión. Retransmite o Festival de Eurovisión na web de RTVE dende 2016, entrevista a xente tomándose unha caña e saiu en Paquita Salas durmindo, todo un fito na súa carreira. Participou en diversos formatos televisivos como Zapeando (La Sexta), Lo Siguiente (TVE) ou Ilustres Ignorantes (Movistar+) pero tamén nas plataformas dixitais como reporteira en Verano Influencer (MTmad), colaboradora en Problemas del primer mundo (Flooxer) e colaboradora en OTVisión (Playz). En 2018 publica o poemario “El amor, qué movida”, unha recompilación de poemas que nacen do desamor nos que a cultura pop e os sentimentos afloran en cada verso.

VICTORIA MARTÍN (LIVING POSTUREO)

Vitoria Martín de la Cova (Madrid, 1989) é xornalista, guionista e colaboradora de televisión e radio. É co-creadora da canle de Youtube Living Postureo e colaboradora en Yu No Te Pierdas Nada en Europa FM. Vitoria traballou como guionista para La Resistencia, de David Broncano, como colaboradora para Las Que Faltaban, de Movistar +, e participou en diferentes formatos na canle Comedy Central. Así mesmo, é co-creadora e presentadora do programa Problemas del Primer Mundo, un formato de Flooxer, Neox e Europa FM.