COMO EMITIR EN STREAMING SEN MORRER NO INTENTO
impartido por Jorge Boquete
Mércores 18 : 10:00 a 14:00 // 16:00 a 20:00h
Xoves 19: 16:00 a 20:00
Nº prazas: 7
Número de horas: 12
Modalidade: Online
Coste do obradoiro: 25€
PRAZAS ESGOTADAS
Obradoiro para aprender as claves para emitir contidos audiovisuais por streaming de xeito semiprofesional.
- Coñeceremos o funcionamento desta tecnoloxía e a importancia de configurar un hardware adaptado as necesidades técnicas.
- Amosaremos os diferentes softwares para realizar este tipo de emisións e as diferentes posibilidades que nos da cada un deles.
- Nocións básicas de realización televisiva. Salientaremos a importancia dunha boa realización en este tipo de emisións como factor diferencial con exemplos dos programas realizados durante o confinamento nas diferentes televisións do mundo.
- Tipo de contidos: cómo facer da túa emisión por streaming un contido entretido para o público. A importancia dunha escaleta estructurada.
- A importancia do grafismo para un look profesional. Deseño, creación e animación de rótulos.
- O período de preproducción: unha fase fundamental para non atoparse con sustos de última hora. Que hai que ter en conta para facer probas e ensaios que sexan útiles.
Ademáis levaremos a cabo un caso práctico no que os participantes creen un formato de entretemento con invitados e colaboradores non presenciais para emitir por streaming nas últimas sesión do obradoiro.
Os asistentes precisarán dun ordenador cos seguintes requisitos para poder executar o software necesario para o obradoiro:
- Sistema operativo Windows (7 o superior, recomendado Windows 10)
- Procesador de doble núcleo a 2ghz (mínimo) – recomendado: i7 a 3ghz
- 4gb de RAM (mínimo) -recomendado 8gb DDR3
- Disco HDD a 7200rpm con 100gb libres (mínimo) – recomendado SSD con 500gb libres
- Tarjeta gráfica compatible con DirectX 10, recomendado Tarjeta nvidia dedicada con al menos 1gb de memoria
- Resolución de pantalla mínima: 1280×720