Xurado novo 2020
LAURA MÉNDEZ
Carballesa desde 1993. Laura Méndez interpretou a Lila na serie ‘A miña sogra e máis eu’ na TVG. Aínda que non abandona o teatro, graduouse na UVigo en Publicidade e Relacións Públicas. Ó largo da súa carreira especializouse na área de redes sociais. No último ano traballou como copywriter e Community Manager para diferentes marcas no sector do entretemento, moda e restauración. Ademáis, forma parte dun dúo musical bautizado como ‘Terroristas del amore’, co primero videoclip grabado exclusivamente con filtros de stories.
ANTÍA SUÁREZ
Nacida en Carballo. No 2006 regaláronlle a súa primeira cámara e dende entón practicamente non se separou dela. Gústalle ver a beleza das persoas a través do visor. Cando cursei Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos estaba algo perdida, pero ao mes xa tiña moi claro que por fin atopara o seu lugar. A profesión de script chámalle moito a atención, pero ao cursar Produción de proxectos audiovisuais e espectáculos tamén se deu de conta que lle gusta a organización de espectáculos e festivais. Máis aló das practicas escolares e algunha que outra curta dirixidas por compañeiras, tenta ir de voluntaria a todo o que pode e así ir abrindose camiño.
JAIME REGUEIRO
Estudante de Produción nacido en Carballo. Entra no mundo audiovisual en 2014 como integrante de Aula 11, grupo que chegou a sonar en cidades como Madrid ou Zaragoza. A principios 2019 unirase como teclista a Elvis Negro, un grupo creado en 2015. Aficionado dende xoven á fotografía, do que traballa dende 2018. Ano no que tamén comeza a estudar Produción de Audiovisuais e Espectáculos no instituto de Audiovisuais de Vigo, onde ten a oportunidade de producir diferentes proxectos parte das prácticas do ciclo. Con ganas de empezar no mundo do vídeo en setembro de 2019 dirixe, graba e edita Let It Blow, un videoclip para o rapeiro carballés coñecido como Tunaboy.