Xurado Sección Oficial 2020
BRAYS EFE
Brays Efe móvese como peixe na auga entre o underground e o mainstream. Nacido en Las Palmas de Gran Canaria, criado entre Galicia e La Rioja, trasladouse a Madrid para estudar Comunicación Audiovisual. Como actor destaca o seu traballo en Paquita Salas, serie de Javier Calvo e Javier Ambrossi por cuxo traballo recibiu o Premio Feroz na súa primeira tempada. Escribiu e dirixiu as súas propias curtametraxes, presentou distintos formatos on- line como El Tea Party de Mario y Alaska e Yasss, colaborou en medios como en ICON, Vice ou I-D e en programas como ‘Antes de que sea tarde’ e ‘A vivir Madrid’ da Cadena SER. En ‘Tu cara me suena’, de Antena 3 , conquistou cada semana a millóns de espectadores converténdose en Sara Montiel, C. Tangana ou Netta. Tras dous meses enchendo o Teatro Lara, continúa representando ‘Las cosas extraordinarias’, obra de Duncan Mcmillan que protagoniza, dirixida por Pau Roca.
ANDREA GUMES
Andrea Gumes (1987) politóloga e xornalista. Co-presentadora do podcast Ciberlocutorio e o programa diario das tardes de Radio Primavera Sound, Tardeo. Presentadora do programa Tube d’ Assaig na televisión catalá Betevé. Escribía os horóscopos en Vice Spain, agora en Vogue España. Autora dun dos relatos de “Ya no recuerdo qué quería ser de mayor”, antoloxía publicada con Temas de Hoy (Planeta).
ALFONSO ZARAUZA
Director de cinema nado en Santiago de Compostela en 1973, inicia a súa carreira cinematográfica en 1994 rodando varias curtametraxes e coordinando obradoiros profesionais por toda Europa para a Media Business School. En Madrid fundou, xunto ao productor cubano Harold Sánchez, a productora Iroko Films, ocupando ata 2008 o cargo de director de desenvolvemento de proxectos. En 2004 escribe a súa primeira película “A ilha da morte”, premio ao mellor guión de longametraxe no festival de Trieste. En 2012 dirixe dous filmes: Encallados e Os Fenómenos e na actualidade traballa no proceso de posproducción de “Ons”, a súa quinta longametraxe.
FERNANDA TABARÉS
Xornalista por vocación, emoción e compromiso. Comezou coas palabras e rematou coas imaxes. Elas levárona a sitios pequenos e grandes en busca de historias que nunca son pequenas. Entre redaccións e platós foi pasando a vida. Durante sete anos tentou entender o mundo e o país dende o programa Vía V. No 2013 recibiu o premio Mestre Mateo a mellor comunicadora. Dende hai tres anos dirixe Voz Audiovisual. A última aventura, Néboa.
GUILLERMO V. ZAPATA
(Vigo, 1990) Licenciado en Ciencias da Comunicación pola Universidade Fernando Pessoa. Ten traballado como guionista para Buenafuente e desenvolvendo diferentes formatos para a productora El Terrat; tamén traballou como guionista para a plataforma dixital Megamedia, e nalgunhas produccións da TVG como Land Rober. No apartado docente impartiu clases para os alumnos da Escuela de Ficción de Voz Audiovisual e tamén realiza diferentes colaboracións para radio e medios escritos (Radio Galega, yasss.es). Tamén achégase a música dende diferentes perspectivas, sendo membro de bandas como Bifannah ou Wild Balbina e ideando e producindo videoclips para diferentes bandas e selos discográficos.