SECCIÓN OFICIAL 2020 / VO GALEGO 2020-12-09T19:38:17+00:00

COMPETICIÓN DE SERIES DIXITAIS

VO GALEGO

XOVES 19
20:00

@Destapando_Casares

Unha nova conta de Instagram promete revelar todos os segredos das persoas que conviven na Universidade Carlos Casares, creando un clima de desconfianza no que todos se preguntan… quen é o da conta?

Website | Instagram | Facebook | Twitter | YouTube | Ivoox | Spotify

Os 20 do XX

Como era a Galicia dos anos 20 do século XX? Nesta serie de vídeos explicativos animados botámoslle unha ollada á sociedade galega de hai 100 anos.

Website | Instagram | Facebook | Twitter | YouTube

Capitán Breomán

Cando o excéntrico músico e ex-superheroe Matthew Leslie vai ó tacho, ten que retornar á súa identidade segreda de Capitán Breomán para salvar a cidade de Nova Brigantia e a sí mesmo.

Instagram | Facebook | Twitter | YouTube

Save e amigos

No ano 2013, Save fíxose viral grazas á perda da súa chaqueta de leopardo. Sete anos despois, volve a YouTube para intentar retomar a súa fracasada carreira.

Instagram | Facebook | Twitter | YouTube

Mataría Microserie

“Mataría” son microcapítulos nos que Pedro Brandariz expresa a raiba que lle dan certas persoas “repunantiñas”, como a xente que aproveita demasiado os iogures, a xente que non colle o teléfono…

Instagram | Facebook | Twitter | YouTube

Adegas da memoria

Un proxecto audiovisual e etnoarqueolóxico centrado na comunidade e paisaxe da parroquia de Vilachá, corazón da Ribeira Sacra.

S.E.X.

Somos Sara, Edu e Xela: Somos S.E.X.! Nesta canle imos falar sobre sexualidade, corpos, desexos, relacións íntimas… Explota aí!

Instagram | Facebook | Twitter | YouTube