Palmarés VII Carballo Interplay 2020-11-21T22:14:07+00:00

PALMARÉS VII CARBALLO INTERPLAY

O xurado composto por Brays Efe, Alfonso Zarauza, Fernanda Tabares, Guillermo V. Zapata  e Andrea Gumes decidiu outorgar os seguintes premios:

Mellor webserie estatal, dotado con 800 euros e trofeo, para Válidas
Mellor webserie internacional, dotado con 800 euros e trofeo, para Subsolo
Mellor webserie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, para Os 20 do XX
Premio CREA á mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para Alvaro Carmona por Gente Hablando T2
Premio AGAG ao mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo, para Egoitz Diaz por Ixa
Premio á mellor actriz, dotado cun trofeo, para Anxela Ríos por Destapando Casares
Premio ao mellor actor, dotado cun trofeo, para Raúl Fernández de Pablo por Gente Hablando T2

O xurado novo, composto por Laura Mendez, Antía Suárez e Jaime Regueiro decidiu outorgar o seu premio, dotado con 400 euros e trofeo, a Pikuak

O público concedeu cos seus votos o Premio do Público, dotado con 400 euros e trofeo, a Válidas.

PREMIO AO MELLOR PROXECTO DE WEBSERIE EN GALEGO

O xurado composto por Alfonso Zarauza, Lorena Iglesias, Antón Varela e María Yáñez outorgou o Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 3000 euros para a produción dos tres primeiros capítulos, a Cacola, un proxecto de webserie de animación 2D dixital de David Fidalgo