Young Jury 2019 2019-03-20T12:57:48+00:00

Uxía García Jiménez

Amante do teatro dende moi nova, Uxía comeza a súa andaina no mundo audiovisual como actriz e produtora na Serie Web Dinosaurio, un proxecto nado na I Edición do Campamento Kamikaze do Carballo Interplay. Movida pola súa inquedanza artística, en 2018 incorpórase á firma Porco Bravú e comeza a estudar Produción de Audiovisuais e Espectáculos na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Desde novembro dese mesmo ano forma parte do equipo de produción de Malo Será!, un programa de Tex45 Producións para a Televisión de Galicia, que supón o seu debut profesional. A súa ambición fai que leve a cabo outros proxectos dentro da compañía (publicidade, produción de espectáculos, etc.) e que continúe a súa formación tanto no eido da interpretación como no da produción audiovisual.

Carlota Añón Varela

Creativa audiovisual nacida en Carballo e picheleira de adopción. Graduada en Comunicación Audiovisual, a fotografía, o cine e a música son as súas debilidades. Con experiencia en creación e produción de contido audiovisual formou parte do equipo de imaxe e produción do
Amsterdam Spanish Film Festival en Amsterdam, Holanda. O seu último proxecto persoal é fotográfico, unha reportaxe fotográfica que resume a súa experiencia como voluntaria en Calcuta, India, no libro Mi querida Kolkata. Formou parte da directiva dunha sociedade recreativa e cultural en Carballo, do Casino 1889, un espazo multifuncional a servizo da cultura, onde se realizan obradoiros, concertos, proxeccións, exposicións, etc.

Sandra Romero

Comezou a súa andaina no mundo audiovisual de mans da fotografía, máis tarde decidiu estudar Comunicación Audiovisual e Publicidade. Foi durante a súa estancia na cidade de Porto cando se introduciu no mundo da producción, podendo colaborar nalgúns proxectos. Máis tarde fixo un máster en Dirección de Producción na ESCAC en Catalunya. Foi en Barcelona, onde tivo a oportunidade de facer a dirección de producción de varias curtametraxes de ficción e adentrarse no mundo do cinema dun xeito profesional. Con ganas de coñecer todos os ámbitos do audiovisual, comezou a introducirse no mundo da publicidade. Voltou a Galiza cun proxecto documental sobre as mulleres galegas e a tradición.