XURADO OFICIAL
Carlo Padial
Guionista e realizador de series en BTV e creador de vídeos virais en Playground (“Quiero ser negro”, “Swaggers”, “La vergüenza de existir”, “Viejo gamer”, etc) ou para televisión en TV3 (“APM?”, “Dinamita”). Representante do cinema ‘low cost’ (súas son as películas de autor de baixo orzamento “Mi loco Erasmus” e “Taller Capuchoc”), en 2017 deu o salto ao cinema comercial coa película “Algo muy gordo”, protagonizada por Berto Romero e producida por Zeta Cinema. Tamén publicou os libros “Dinero gratis” e “Erasmus, Orgasmus y otros problemas”. Acaba de publicar con Blackie Books a novela de autoficción “Doctor Portuondo”. Actualmente colabora no programa “Late Motiv”, de Andreu Buenafuente.
Desirée de Fez
Crítica de cinema en Fotogramas, Rockdelux, El Español e La Finestra Indiscreta de Catalunya Ràdio, columnista El Periódico de Catalunya e colaboradora habitual do programa de TVE “Página Dos” (La 2), do que coordina e presenta a sección de cinema. Membro do equipo do Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya-Sitges, tamén imparte clases na escola FX Cinema e no Museu do Cinema de Girona. Autora dos libros “Películas clave del cine de terror moderno’ (Robinbook)”, “Pantalla Rasgada: Quince conversaciones con cineastas y escritores sobre sueños y cine” (Arkadin Ed., coescrito con Jordi Sánchez-Navarro), “Lo Imposible” e “Un monstruo viene a verme: El arte de la película y la visión de sus autores” (Norma), estes dous últimos sobre as películas de J.A. Bayona, tamén participou en numerosas publicacións colectivas. Do seu labor como coordinadora destacan as publicacións para o festival de Sitges “Neoculto” (Calamar), “Takashi Miike: A provocación que chegou de Oriente” (Calamar) e “Seven. Os pecados de David Fincher” ( Tyrannosaurus).
Iago Fernández
Iago Fernández é xornalista e director de Tentaciones, o medio de cultura alternativa do PAÍS. Anteriormente foi responsable editorial de VICE en Madrid durante cinco anos e director do programa de radio da SER A Realidade Definitiva. A súa traxectoria profesional inclúe as revistas Rolling Stone ou Esquire, a diario Expansión, a emisora Yu (Los40) e a mesa de editores do grupo Vocento.
María Tasende
María Tasende comeza a súa andadura como actriz cando cursaba estudos primarios e secundarios, pasando a formar parte dos grupos de teatro do Colexio Público e do Instituto de Carballo nos que estudiou. Posteriormente, cursa arte dramático en Madrid con Cristina Rota e con John Strasberg en Nova York. A súa carreira profesional desenrólase tanto na televisión como no cinema e no teatro. En cinema participa en películas como “Los Fenómenos” de Alfonso Zarauza, “El Oro del Tiempo”, “Rafael” de Xavier Bermúdez, “Retornos” de Luís Avilés, entre outros traballos. No ano 2010 acada o premio a mellor actriz no Festival Internacional de cine de Ourense pola curtametraxe “Illa Pedra”. En teatro participa en diversas montaxes, entre elas “Ocupa Madrid”, “La katarsis del Tomatazo” do Centro Nuevos Creadores e “Estigma” do Centro Dramático Galego. En televisión participa en numerosas series e tv-movies tanto a nivel autonómico como nacional, tales como “Acacias 38”, “Los hombres de Paco”, “Aída”, “Matalobos”, “ O Faro”, “Serramoura”, “ Padre Casares”, “ Juana de Vega” ou “ Eduardo Barreiros”, entre outras.
Oscar Cruz
Guionista por paixón e necesidade. Ex alumno do Máster de Guión da UPSA. En 2013 comezó a súa actividade profesional coa marca Porco Bravú. Empezou o seu camiño na internet coa serie ‘Conversas con Cunqueiro’ que lles permitiu crecer e dar paso ao traballo que lles proxectaría: ‘O Método Sueco’. Guionista da sitcom ‘Peter Brandon’ e presentador de ‘A Transición’ en Pontevedra Viva Radio.
Anxos Fazáns
Anxos Fazáns é graduada en Comunicación Audiovisual pola Uvigo posteriormente estuda o Máster de Dirección de Cine da ESCAC. Durante a súa aprendizaxe desenvolve a webserie “Fame”, gañadora do premio á mellor webserie en lingua galega no Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay 2015 e finalista dos Premios Mestre Mateo 2015. Outra experiencia fundamental foi o seu traballo no equipo de dirección de “Las Altas Presiones”. Realizou as curtametraxes “Direcciones” e “Nacer en Septiembre”, ambos seleccionados no Festival de Cans. Máis tarde chega a curtametraxe “Area” producido por Matriuska e que pasou polo Festival de Cans, Taratsa IFF, Buriem FF e Zinebi. Anxos combina o seu traballo de directora co de axudante de dirección e script en diferentes proxectos. “A Estación Violenta”, unha adaptación da novela homónima de Manuel Jabois, producida por Matriuska, supón a súa primeira longametraxe como directora e guionista. O filme acaba de ser estreado no Festival de cine europeo de Sevilla e continúa o seu circuíto por festivais internacionais.
XURADO NOVO
Nuria Espasandín
Vimiancesa, con tres canles en Youtube e un vídeo finalista do I Concurso Youtubeir@s, Nuria defínese a si mesma como “dependente das verbas e dos sentimentos” e admiradora de calquera formato que serva para expresar e sentir, atopando no audiovisual a forma perfecta de facelo. Dende pequena as súas persoas máis achegadas a definían como “avogada de pleitos pobres” indicando que, sen sabelo, o Dereito sempre foi a súa vocación, sendo a carreira que actualmente está a piques de rematar.
Cristian Andrade
Nacido en Carballo no 1992, Cristian é dende hai unha década militante de diversas formacións musicais ligadas ao underground. A súa figura é unha parte importante á hora de entender o rock and roll e a cultura independente en Carballo nos últimos anos. Pódense destacar os seus anos como guitarrista e vocalista ao frente da banda de garaxe-punk Arabian Evils co que editou ”We Offer But Not Incite” e “Monoenpatín”, nomeada á mellor demo do 2015 por Mondosonoro.
Laura Tova
Ilustradora carballesa. Creou a súa propia liña de productos ilustrados, co seu proxeto móvese por mercados de deseño en Galiza e España. Ademáis da ilustración participou en iniciativas de arte urbano como Derrubando Muros con PIntura, Carballo Mirando ao mar e Derrubando muros para ver o Mar en A Coruña. Formada en ilustración na EASD Pablo Picasso e posteriormente con distintas ilustradoras internacionais como Gina Thorstensen, Chiara Carrer, Joana Concejo, etc Imparte obradoiros de ilustración basados no seu proxeto de autoedición “Sentidos e Simplicidade”. As súas obras colaboraron en numerosas exposicions colectivas en Carballo, A Coruña, Madrid e Berlín dende o 2014.
Maikel Pérez
Barrio de A Milagrosa. Topógrafo de profesión, Maikel comeza a súa afición como pinchadiscos no ano 2006 en locais de referencia na escena de música alternativa da comarca de Bergantiños como Stereo INC. ou a sala A Reserva. En 2017, coincidindo coa vixésima edición do festival Xiria Pop, pasa a formar parte da organización do festival como seleccionador das bandas do cartel.