Obradoiro con PlayGround
Narrativas de vídeo en redes sociais. Contidos complexos Vs audiencias masivas.
Prazo para inscribirse pechado.
É recomendable que os/ as participantes traian un computador portátil onde poder escribir e en caso de necesitalo, editar imaxes.
PlayGround
Nacido en 2008 como medio dixital enfocado á música, PlayGround creceu e evolucionou nos últimos anos de maneira vertixinosa, ata converterse no que é hoxe: un novo medio para ser consumido en redes sociais, dirixido a unha audiencia global, e cuxos contidos buscan informar, entreter e cambiar conciencias. LIKE. SHARE. DO.
Josune Imízcoz
Pamplona (Navarra), 1983. Licenciada en xornalismo pola Universidade de Navarra. Máster en Xornalismo de Televisión, Universidade Rey Juan Carlos (Madrid). Xornalista multidisciplinar, comezou a súa carreira na prensa escrita. Entre 2005 e 2010, formou parte da redacción de Radio Euskadi – EiTB na súa sede central en Bilbao, como redactora e locutora. En 2010, se muda a Madrid onde, tras cursar o Máster de Xornalismo de Televisión da Universidade Rey Juan Carlos, pasa a formar parte dos servizos informativos de Televisión Española, como redactora do equipo de Cultura para o Telexornal e presentadora na Canle 24Horas. En 2014, pásase ao mundo dixital fichando por PlayGround, onde actualmente é Head of Editorial Vídeo.
Guillermo Carreras-Candi
Barcelona, 1979. Graduouse en Medios Audiovisuais e Cinema na ESCAC e cursou o European Producers Workshop de EAVE ( European Audiovisual Entrepreneurs- Luxembourg). Entre 2006 e 2008 dirixiu e produciu os seus primeiros documentais en Montréal (Canadá) e Saraievo (Bosnia- Herzegovina). De volta a Barcelona, dirixiu o departamento audiovisual de PlayGround, na súa etapa como medio medio musical, desde a súa creación en 2008 ata 2013. Entre 2013 e 2015 viviu en Saraievo onde o seu labor como produtor de cinema documental plasmouse en máis de cincuenta proxectos dirixidos por novos realizadores de toda ex-Iugoslavia, combinando esta actividade coa docencia e a de programador. En 2015 volve a Barcelona como Head of Vídeo de PlayGround.


