Palmarés gal 2018-04-07T21:30:42+00:00

PALMARÉS 2018

O xurado composto polo guionista e realizador Carlo Padial, a crítica Desirée de Fez, o xornalista Iago Fernández, a actriz María Tasende, o guionista Oscar Cruz -en representación da Asociación Galega de Guionistas- e a directora Anxos Fazáns -en representación da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia- decidiu outorgar os seguintes premios:

Mellor webserie estatal, dotado con 800 euros e trofeo, para Buster
Mellor webserie internacional, dotado con 800 euros e trofeo, para Emilia envidia
Mellor webserie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, para Monumento
Premio do xurado novo, dotado con 400 euros e trofeo, para Bright Summer Night
Premio CREA á mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para David Saínz por Buster
Premio AGAG ao mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo, para David Saínz por Buster
Premio á mellor actriz, dotado cun trofeo, para Macarena Gómez por Dorien
Premio ao mellor actor, dotado cun trofeo, para Manuel Noguera por Buster

O público, pola súa banda, concedeu cos seus votos o Premio do Público, dotado con 400 euros e trofeo, a Mambo.

Reunido en Carballo o xurado composto por Alberto Fernández Torres (subdirector de contidos e transmedia de RTVE Digital), Maya Nieto Maidagán (directora dixital en Globomedia), José Pereira (director da Área de Innovación e Negocio da CRTVG), Xose Regueira (concelleiro de Promoción Económica de Carballo) e Sonia Méndez (directora do Carballo Interplay) decidiu outorgar o Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros para a produción dos tres primeiros capítulos, a Sígueme, de Nuria Cancela, Alba Pego, Laura Pose e Aitor Ramos.

RIO WEB FEST | Buster
LONDON SHORT SERIES | The Last Call
ROMA WEB FEST | Alone
TUSCANY WEBFEST | Polis corruptos e La leyenda de la princesa Tetasuko
FUENGIROLA WEB FEST (FWF) | Alone
FICTICIA (Festival de ficción online de Aranjuez) | Dorien e Polis corruptos