CAMPAMENTO KAMIKAZE 2019-02-20T22:18:41+00:00

CAMPAMENTO KAMIKAZE

Non é un taller…
Non é un curso…
É unha experiencia kamikaze.

Tres días de convivencia e creatividade na contorna incomparable da praia de Razo traballando en equipo con profesionais do mundo das series dixitais e do audiovisual. Os/as participantes enfrontaranse ao reto de idear, gravar e postproducir unha serie web en tres xornadas. A serie presentarase na apertura da V edición do festival.
¿Atréveste?

Info

2- 3 e 4 de Abril
Recepción + check in as 9:30
Na cafetería do Raz Surf Camp (Praia de Razo, Carballo)
Check out 4 de Abril ás 12:00. A actividade continuará non Pazo de Cultura de Carballo ate as 17:00 horas.
24 prazas
Dirixido a estudantes, profesionais do audiovisual e creadores/as de contidos dixitais para internet.
PREZO: 150 euros (inclúe aloxamento en habitacións compartidas e pensión completa)
Non se proverá de material técnico.

Preinscrición e adxudicación de praza

O prazo pechou o 19 de marzo.

Est@s son @s monitor@s do campamento

Productora Executiva e Directora de Producción da productora Diffferent Entertainment SL , responsable de series como “Malviviendo” , “El viaje de Peter McDowell” (Canal Sur), “Flaman” (Canal Sur), “Power Wonders” (El Terrat, TNT), “Entertainment” (Flooxer), a serie de animación “Comaland” ou “Buster” (Flooxer), branded content como  “El colega canario” (Arehucas) o “Síndrome Valyrio” (HBO España) e as longametraxes “Obra 67” e “Fogueo”, entre outros. Actualmente  estrou a serie comedia musical “Mambo” para Playz (RTVE) e traballa no desenvolvemento da longametraxe “Confirmar Asistencia” en coproducción con Warner, Sacromonte e Atípica Films, o proxecto “Día Cero” con Versus Entertainment e a 2a temporada de “Mambo”.

Director, guionista e actor na súa productora Diffferent Entertainment SL, creada en 2009 grazas ao éxito de Malviviendo, a webserie de fala hispana máis vista do mundo con 100 millones de reproduccións. Escribe e dirixe series de tv como Flaman (2012-13, RTVA), Power Wonders (2011, TNT) ou El viaje de Peter McDowell(2009, RTVA), spots publicitarios para Saimaza, branded content para Arehucas (El Colega Canario, 2015-2016) o HBO España (Síndrome Valyrio, 2017), series para plataformas dixitais como Entertainment (2015-2016, Flooxer, Atresmedia), Buster (2017, Flooxer, Atresmedia) ou Mambo (2017, Playz, RTVE) e as longametraxes “Obra 67″ e “Fogueo”. Actualmente está desenvolvendo a longamatraxe “Confirmar Asistencia” (Warner), a serie “Día Cero” e a 2a temporada de “Mambo”.

Graduada en Comunicación Audiovisual pola Uvigo e Máster de Dirección de Cine da ESCAC. Desenvolve a webserie “Fame”, gañadora do Premio á mellor webserie en lingua galega no Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay 2015 e finalista dos Premios Mestre Mateo 2015. Traballa no equipo de dirección de “Las Altas Presiones”. Realizou as curtametraxes “Direcciones” e “Nacer en Septiembre”e a curtametraxe “Area” producido por Matriuska e que pasou polo Festival de Cans, Taratsa IFF, Buriem FF e Zinebi. Combina o seu traballo de directora co de axudante de dirección e script en diferentes proxectos. “A Estación Violenta”, unha adaptación da novela homónima de Manuel Jabois, producida por Matriuska, supón a súa primeira longametraxe como directora e guionista.

Productora audiovisual, cofundadora da productora Audiobeesual, centrada no traballo ó redor da divulgación científica. Produce as webseries “Fame”  e “Dalle Jas!”. As curtametraxes “Volver Allí”e “Sendeiro”, da directora Lucía Estévez e “Quinta Provincia”, de Miguel Canalejo. Coproduce con Matriuska Producciones a curtametraxe “Area” de Anxos Fazáns. Leva a xefatura de produción da longametraxe documental “Castelao de chumbo á verba” de Miguel López, da curtametraxe “Matria” do director Álvaro Gago [Premio do xurado nos festivais de Sundance, Seminci e Aguilar de Campoo] e da longametraxe  “A Estación Violenta” de Anxos Fazáns. Actualmente traballa na produción do documental “A Felicidade da Luz” sobre o poeta lisboeta António Osório.

Licenciado en Comunicación Audiovisual pola USC e Máster de Guión de Ficción de Cine e Televisión pola UPSA. Como guionista ten traballado para productoras como Portocabo, Star Line Productions, Madmex Filmanova, Vizuals Lab, Voz Audiovisual, Ficción Producciones, Plano a Plano, Diffferent Entertainment ou Isla Audiovisual. Actor na serie “El Viudo Quiere Mimos” o “El Método Sueco”, guionista en series para TV como “Luci”, “Casa Manola”, “Segunda Oportunidade”, “Serramoura” (CRTVG) ou “Mónica Chef” (Disney Channel) e en series web como “Entertainment” para Flooxer e “Mambo” para Playz.

Estuda Belas Artes na universidade de Vigo e especialízase en fotografía cinematográfica na ESCAC. Traballa como directora de fotografía en curtametraxes como como Estereoscopía e Anacos de Xacio Baño ou Unary de Luis Avilés. Documentais como Islas, unha coproducción cubano-polaca, da realizadora Adriana F. Castellanos e longametraxes como DHOGS de Andres Goteira. Comeza 2017 dirixindo a fotografía da nova curta de Alvaro Gago, Matria e recentemente finalizou a rodaxe da súa segunda longametraxe como directora de fotografía, Trote de Xacio Baño.

Fundador do colectivo Porco Bravú. Dirixe todo tipo de formatos audiovisuais enfocados á difusión en internet baixo unha filosofía baseada na economización de medios.  Dirixe as webseries “Conversas con Cunqueiro” e “El Método Sueco” coa que consegue o Premio Mestre Mateo durante dous anos consecutivos e percorre con éxito os festivais de todo o estado. Coa comedia como bandeira, experimenta coas diferentes formas de facer humor cun especial gusto polo humorismo negro. A día de hoxe continúa nesta liña cun paso máis de madurez no novo proxecto de Porco Bravú: a serie “Peter Brandon”.

Guionista por paixón e necesidade. Ex alumno do Máster de Guión da UPSA. En 2013 comezou a súa actividade profesional coa marca Porco Bravú. Empezou o seu camiño na internet coa serie ‘Conversas con Cunqueiro’ que lles permitiu crecer e dar paso ao traballo que lles proxectaría: ‘O Método Sueco’. Guionista da sitcom ‘Peter Brandon’ e da curtametraxe “El Comediante” e presentador de ‘A Transición’ en Pontevedra Viva radio.