Impartido por Code Monsters

4 horasrobotica_arduino_1200x600
10 prazas
a partir de 12 anos
30 de abril de 16:00 a 20:00
Pazo da Cultura

 

Aprenderemos a construír un robot baseado en Arduino e a programalo para que se mova en función dos datos que reciba a través de sensores lumínicos. Utilizaremos chasis motorizados, unha shield para controlar motores, resistencias LDR, sensores de ultrasonidos e por suposto placas Arduino.

 

 

 

Code Monsters. code_monsters_con_texto_corto_blanco_5000x1597Espazo situado na Coruña dedicado permanentemente ao ensino en programación, robótica, ciencia e informática. A súa oferta didáctica está dirixida tanto a nenos como a mozos e adultos. Inclúense actividades que van desde un nivel introductorio que non esixen ningunha experiencia previa como outras máis avanzados para dar así continuidade na aprendizaxe.

 

Alejandro Sexto. Informático con máis de 15 anos de experiencia en distintos proxectos tecnolóxicos relacionados co desenvolvemento de software, a administración de sistemas, bases de datos, redes e a xestión de proxectos. Sempre interesado na docencia, na programación e todo o que a rodea (linguaxes, arquitectura de aplicacións, patróns de deseño), motivo polo cal creou Code Monsters.

Rubén Fernández. Físico con máis dunha década dedicada á formación científico técnica de adolescentes e novas, tanto en ensino regrado como libre. Acumula tres anos como investigador e divulgador de tecnoloxías abertas, impresión 3D, robótica, domótica e outras aplicacións da tecnoloxía e da electrónica programable.