Impartido por Felipe Lage

PRAZAS ESGOTADASproducionefinanciacion

10 horas
20 prazas
19 e 20 de marzo de 12-14h e 16-19h
20 euros

Neste curso buscaremos transmitir aos alumnos unha visión práctica (dende o local ao universal) do que supón producir unha obra cinematográfica e das súas posibilidades de financiación e distribución.

OBXECTIVOS. A produción cinematográfica é un camiño longo, cheo de perigos e problemas. Pero tamén fermoso. Queremos que os alumnos do curso entendan este camiño e se lancen a él cas mellores ferramentas posibles para chegar a bon porto.

PROGRAMA
– Por qué producir un filme?
– Cómo financiar un filme?
– O dossier de proxecto
– A coprodución internacional
– Cómo distribuir un filme?

 

Felipe Lage Coro dirixe Zeitun Films, produtora cinematográfica creada en 2009 cun marcado compromiso artístico e cultural. Zeitun Films aposta por un cine comprometido co propio cine, co obxectivo de producir proxectos notables de autores emerxentes. “Todos vós sodes capitáns” de Oliver Laxe, a súa primeira produción, foi estreada no Festival de Cannes de 2010, na Quincena de Realizadores, onde gañou o premio da Crítica Internacional FIPRESCl. Coproduciu “Arraianos” de Eloy Enciso, que se estreou no Festival de Locarno en 2012. O seu circuíto festivaleiro incluíu a Viennale, Hamburgo, Docslisboa, Sevilla (premio Nuevas Olas) ou BAFICI (mellor película na sección Vanguardia y Género). En 2013 Lage produciu “O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser” de Alberto Gracia, que foi estreada no Festival de Rotterdam dese ano, onde gañou o premio da Crítica Internacional FIPRESCl. O documental “Costa da Morte” de Lois Patiño, tamén de 2013, estreouse no Festival de Locarno onde gañou o premio ao Mellor Director Emerxente. Despois tamén recibiu premios en festivais como Jeonju IFF (Corea do Sur), FICUNAM (México), Festival dei Popoli (Italia), Valdivia IFF (Chile) ou no Festival de Sevilla. En novembro de 2015 estrouse no Festival de Sevilla “Pozoamargo”, de Enrique Rivero, longametraxe rodada en España e coproducida con México. En fase de posprodución atopase “As Mimosas”, segunda película de Oliver Laxe, que terá a súa estrea internacional ao longo do ano 2016.


INSCRÍBETE