O ano pasado chegou o final de “Malviviendo”, a serie web de máis éxito no ámbito español, e o seu creador, David Sáinz, cortou literalmente a coleta (no seu caso, as rastas) para dar por rematada esa etapa. Como é a vida profesional dos seus creadores desde entón?  Cóntano en “Entertainment”, unha serie en forma de falso documental sobre o día a día en Different Entertainment, a produtora capitaneada por David Sáinz e Teresa Segura. Que, como sabedes, ademais de ser o director e a produtora de Malviviendo, son os padriños del Carballo Interplay.

E como bos padriños virán visitarnos no segundo ano de vida do festival, e traen un agasallo: o adianto en exclusiva do 6º episodio de “Entertainment”, que se poderá ver no Pazo da Cultura de Carballo o xoves 16 de abril, xusto antes da proxección da película “Searching for Meritxell” dos Burnin’ Percebes.

Teresa e David estarán connosco en Carballo de novo os tres días do festival co obxectivo de pasalo tan ben coma o año pasado, e contaremos con eles para un par de sorpresas máis que vos temos reservadas. Axiña as anunciaremos, ficade atentos ás pantallas.

Deixámosvos co primeiro capítulo de Entertainment, estreado hai un mes, que é perfecto para disfrutar furtivamente na oficina. Feliz venres!