Poderíamos falar de internet, de transmedia, de youtubers, de webseries, de estreas gamberras, do formaCip, de creadores e creadoras de todo o planeta, do Proxecto Neme, do Código Fonte Audiovisual, de charlas con creadores e creadoras, do primeiro –e épico- encontro de labazadas audiovisuais, de latas de atún, de vermús, duns viaxeiros do pasado que presentaron a gala e case morremos coa risa, de concertazos e bailes tolos, de selfies míticos, dun Alcalde e dun Concelleiro que molan mil, dunha vila que se chama Carballo da que moitos e moitas andan a falar estes días nas redes, dun público entregado que se achegou e se quedou durante os tres marabillosos, intensos e dixitais días que durou esta II Edición do Carballo Interplay.
Poderíamos falar destas e mil cousas mais pero –pode ser pola resaca de amor e de licor café- so nos sae unha palabra:
GRAZAS! <3
Longa vida ao Carballo Interplay!
Fmdo: A equipa do festival.
Comentarios recentes