NOVAS

Prepárate para as noites do CIP: Poetarras, Igmig e RDA

Proxeccións, coloquios, masterclasses, presentacións… pouco a pouco imos desvelando os contidos do Carballo Interplay 2015 pero seguro que todos vos preguntades pola festa. Especialmente aqueles que viñestes o ano pasado e sabedes que a vida dun festival faise de día pero tamén de noite, que é onde a xente socializa e se crean grandes amizades. […]

By |Marzo 20th, 2015|NOVAS|0 Comments

Youtubers e experiencias transmedia, nos coloquios profesionais do Carballo Interplay

Como xa fixeramos o ano pasado, no Carballo Interplay queremos aproveitar que imos xuntar un bo feixe de xente interesada nas novas posibilidades do audiovisual en internet para traer profesionais avanzados que levan tempo rozando estes camiños e que nos axuden a aprender da súa experiencia.

Como xestionar de forma profesional unha canle de Youtube?  Como manter enganchada a audiencia da nosa webserie? […]

By |Marzo 17th, 2015|NOVAS|0 Comments

O equipo de Malviviendo estreará en Carballo o capítulo 1×06 da súa nova serie, Entertainment

O ano pasado chegou o final de “Malviviendo”, a serie web de máis éxito no ámbito español, e o seu creador, David Sáinz, cortou literalmente a coleta (no seu caso, as rastas) para dar por rematada esa etapa. Como é a vida profesional dos seus creadores desde entón?  Cóntano en “Entertainment”, unha serie en forma de falso documental sobre o día a […]

By |Marzo 13th, 2015|NOVAS|0 Comments

Burnin’ Percebes presentarán en Carballo a súa longametraxe “Searching for Meritxell”

Aquí vai outra das confirmacións do II Carballo Interplay, anunciada polos seus protagonistas:

Estes son Nando Martínez e Juan González, máis coñecidos como Burnin’ Percebes, a noite da estrea da súa primeira longametraxe, “Searching for Meritxell”, o pasado viernes na Cineteca de Madrid. Alí estuvimos acompañándoos, que para algo fuoron premiados na primeira edición do Carballo Inteplay. A súa webserie […]

By |Marzo 9th, 2015|NOVAS|0 Comments

O Proxecto Socheo achégase a Carballo para recuperar a memoria audiovisual da comarca

O Carballo Interplay organiza este ano un obradoiro de recuperación do patrimonio audiovisual de Carballo en colaboración co IES Isidro Parga. Realizarase ao longo do mes de marzo, impartido pola produtora Beli Martínez, unha das responsables do Proxecto Socheo, que naceu en 2012 como unha iniciativa da sociedade civil para localizar, estudar, inventariar e dar a […]

By |Marzo 3rd, 2015|NOVAS|0 Comments

Os Venga Monjas veñen a Carballo!

Aquí vai a primeira sorpresa desvelada do Carballo Interplay. Coñeces a estes dous?

Efectivamente, Esteban Navarro e Xavi Daura (Venga Monjas) estarán en Carballo os días 16, 17 e 18 de abril como convidados estelares desta segunda edición do Interplay. Como ben indican no vídeo, non serán os únicos, e terémolos por aquí en modo multitarefa. Xa vos […]

By |Febreiro 26th, 2015|NOVAS|0 Comments