Aquí vai outra das confirmacións do II Carballo Interplay, anunciada polos seus protagonistas:

Estes son Nando Martínez e Juan González, máis coñecidos como Burnin’ Percebes, a noite da estrea da súa primeira longametraxe, “Searching for Meritxell”, o pasado viernes na Cineteca de Madrid. Alí estuvimos acompañándoos, que para algo fuoron premiados na primeira edición do Carballo Inteplay. A súa webserie “Ventura Time” levou o premio á mellor webserie de animación. E como son ben riquiño graváronnos este vídeo antes de se perderen pola noite madrileña.

searchingformeritxelmadrid

Tamén estaba por alí Xavi Daura, de Venga Monjas, que ademais interveñen na película, e Carlos Vermut, director da aclamada “Magical Girl”. Os dous participaron no coloquio posterior á proxección, cunha sala Azcona da Cineteca ateigada de público que fartou a rir. Un rapaz que sentaba ao noso carón suspiraba agradecido e entre bágoas de risa: «foron os 3,50 euros mellor invertidos da miña vida». Outra moza que non coñecía de nada os Burnin’ nin os Venga Monjas pero pasaba por alí saíu encantada coa peli. E moitas preguntas e aplausos. En fin, éxito total e gran festa posterior. Parabéns!

Iso si, nada comparable ao que nos espera en Carballo porque, si señor, xa podemos anunciar que poderedes ver “Searching for Meritxell” no Pazo da Cultura o xoves 16 de abril ás 22h. Virán os Burnin’ e tamén Xavi e Esteban de Venga Monjas, tal e como nos anunciaron eles mesmos hai unhas semanas.

Será unha noche memorable na que haberá aínda máis sorpresas que vos contaremos moi axiña. Ide reservando esa noche e, se traballades, ide pedindo o venres libre. O mellor do audiovisual máis tolo da península agárdavos en Carballo.

gallegossearching