
8 horas
20 prazas
12 marzo de 11-14 e 17-20
20 euros
Obradoiro sobre as posibilidades da web para contar historias e crear documentais interactivos.
OBXECTIVOS : Comprensión das características da web tanto a nivel tecnolóxico como de experiencia de usuario e como aproveitalo de xeito creativo para mellorar a comunicación á hora de contar unha historia.
PROGRAMA : Obradoiro de un día, 4 horas pola mañá e 4 pola tarde. Pola mañá falaremos das posibilidades comunicativas e creativas da web, de interactividade, manexo de datos, experiencia de usuario, veremos moitos exemplos e faremos brainstorming. Pola tarde aplicaremos algunhas das cousas aprendidas pola mañá. Pensaremos un documental, aprenderemos a usar algunha ferramenta para facer wireframes e prototipar.
Óscar Otero Marzoa é deseñador e desenvolvedor web, con máis de 12 anos de experiencia. Socio fundador da empresa A navalla suíza.